Paremos o masacre do goberno de Israel contra os palestinos.

121115052104-09-gaza-1115-horizontal-gallery.jpgDurante as últimas 48 horas o exército israelí, por terra e mar, atacou máis de 156 obxectivos na Banda de Gaza. Un novo círculo horroroso e sanguinario desencadeouse causando consecuencias mortíferas para o pobo palestino, que desde hai moito tempo é vítima da política imperialista de Israel e dos seus aliados, os EE.UU. e a OTAN.

O ministro israelí de Defensa, Ehud Barak, puxo en marcha a máis de 30.000 soldados para levalos a Gaza. Segundo a última información, máis de 10 camións que transportan tanques e vehículos blindados, estanse desprazando cara á devandita área.

Pola súa banda os gobernos de EE.UU., Alemaña, Gran Bretaña, Francia e Canadá proporcionaron abertamente coartada á agresividade israelí ao culpar por igual ao agresor e ás vítimas.

A FSM denuncia, do xeito máis rotundo posible, os ataques asasinos de Israel contra a banda de Gaza. Unha vez máis a Federación Sindical Mundial non permanece neutral fronte ao descarado masacre actual contra os palestinos que merecen un estado palestino coas fronteiras de 1967 e co seu capital no leste de Xerusalén.

Esta actuación agresiva contra o pobo palestino, que forma parte da xeral escalada de agresividade imperialista no Oriente Medio contra Siria e Irán, ten que acabar xa.

Chamamos ás organizacións sindicais do Mundo a expresar activamente a súa solidariedade coa loita do pobo palestino e a reclamar o final inmediato deste masacre en contra súa. 


CONCENTRACIÓNS SOLIDARIAS EN GALIZA:
- A Corunha, luns 19, 20:30h, o Obelisco.
- Vigo, luns 19, 20:30, Farolde Príncipe.
- O Barco de Valdeorras, luns 19, 20:30, frente ao Concello.
- Ferrol, luns 19, 20:30, fronte ao edificio administrativo da Xunta.
- Cangas, luns 19, 20:00, fronte ao Concello.
- Cee, luns 19, 20:30h, praza 8 de Marzo.

[Fonte: Axenda Aberta]