Os CUO apoian a Folga Xeral do 14N




A  pesar de todos os esforzos de desprestixio de algúns que afirman que “a folga non servirá para nada”, que “vai contra os intereses do estado”, ou que “non axuda  a superar a crise”, etc.

1. O único obxectivo de todas esas afirmacións é a desmobilización.

2. Hai dous séculos, non existía o dereito de folga e conquistouse grazas á loita de traballadoras e traballadores que chegaron a perder non só o traballo, senón a vida no empeño.

3. A clase traballadora do S. XX loitou polos seus postos de traballo e, grazas a eles, agora traballamos 40 horas semanas de media, temos Seguridade Social, vacacións, baixas de maternidade, baixas por enfermidade, excedencias, etc.

A FOLGA É A FERRAMENTA CHAVE DE DEFENSA COA QUE CONTA A CLASE OBREIRA.


Grazas a folgas históricas anteriores temos os dereitos sociais e laborais actuais, que pouco a pouco nos están eliminando. A folga é a mellor forma de defendelos. Ningunha conquista se conseguiu a través de referéndums.

Aos explotadores non lles interesa que fagamos folga porque no momento que deixemos de producir, eles deixan de gañar diñeiro.

No marco desta economía capitalista, a oligarquía intentaranos convencer de que non secundemos a folga.

A OLIGARQUÍA TEN MOI CLARO COMO DEFENDER OS SEUS INTERESES E NON LLES PREOCUPA UTILIZAR A VIOLENCIA PARA ISO.

É MOMENTO DE UNIDADE OBREIRA PARA A LOITA E DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS COMO CLASE. POR ENRIBA DE SIGLAS SINDICAIS, E CONFRONTANDO CON QUEN PRETENDA ANTEPOÑER OS INTERESES DE CALQUERA SIGLA SINDICAL OU CON QUEN SE DESVINCULE DAQUELAS CONVOCATORIAS QUE SIRVAN PARA ELEVAR O GRAO DE CONFRONTACIÓN CO CAPITAL E OS SEUS GOBERNOS.

Interésanos coñecer as problemáticas laborais particulares que nos fagades chegar. Contacta con nós a través de: www.unidad-obrera.org

[Fonte: CUO]