O KKE analiza a xornada de folga e a sesión parlamentaria sobre o terceiro memorándo aprobado onte.



Miles de persoas participaron onte nas manifestacións da PAME

Onte, a manifestación do PAME na praza Sintagma foi impresionante

O goberno organizou a represión estatal da manifestación

A loita continuará nos centros de traballo con maior determinación

Mentres que no Parlamento os partidos burgueses chamaban ao pobo a baixar a cabeza para a salvación dos monopolios e se preparaban para votar o paquete de medidas antilaborais bárbaras do terceiro memorándum, en todo o país se escoitaba a voz de decenas de miles de folguistas e manifestantes de familias obreiras e populares: “Obreiros, non acepten a escravitude contemporánea, poden prescindir das leis e dos patróns” e “Ningún sacrificio para a plutocracia, a crise que a pague a oligarquía”.

En Atenas, decenas de miles de manifestantes “inundaron” a praza Sintagma por segundo día consecutivo. Tras o cerco da praza Sintagma pola PAME o martes, o mércores pola tarde miles de persoas de toda a rexión de Ática partiron de Omonia  e reuníronse no centro da cidade manifestándose coas bandeiras da PAME. Responderon ao chamamento de moitas federacións sectoriais, de sindicatos e sindicalistas que se agrupan nas filas da PAME así como ao chamamento dos autónomos, dos pequenos comerciantes (PASEVE), dos estudantes (MAIS) e das mulleres (OGE).

A manifestación estendeuse ao longo das rúas principais e da praza de Sintagma. As consignas non se detiveron por un segundo, e ata baixo a choiva torrencial todos permaneceron na súa posición e as voces fixéronse máis fortes: “Aquí, coa loita clasista, porque non se pode vivir con 400 euros”.

Contra a operación de intimidación que foi montada unha vez máis, a manifestación da PAME mantívose organizada. Foi un plan organizado de violencia e represión estatal brutal contra os manifestantes; un plan que a Secretaria Xeral do CC do KKE, Aleka Papariga, tamén denunciou desde o parlamento. Aleka Papariga sinalou entre outras cousas: “a política implementada e as medidas que veñen, é imposíbel que non se acompañen por violencia estatal, represión, autoritarismo e ata é moi probábel que se poña en vixencia unha lei que existe, que debido á resistencia popular non se promoveu, que ten que ver coa intervención das forzas militares cando hai folgas, ocupacións, etc. A violencia é aínda maior nos centros de traballo. Na praza Sintagma vémola e condenámola. Nos centros de traballo pasa desapercibido o feito de que os patróns levan obrigatoriamente aos traballadores en buses e que coa ameaza do despedimento lles fan traballar ás dúas da mañá antes de que se formen os piquetes. Ningún comentario sobre isto. Desgraciadamente na maioría das ás no parlamento hai unha sensibilidade selectiva. A violencia intensificarase, isto sabémolo moi ben. Non poden convencer sen o uso de violencia. Desde este punto de vista as cousas son moi graves. Van atopar pretextos para atacar as manifestacións. E se non os atopan, vanos crear e isto dicímolo sendo plenamente conscientes.”

Fronte ao uso extensivo de gases lacrimóxenos e de bombas de auga, os manifestantes reforzaron a súa determinación e as súas consignas. As forzas da PAME mantivéronse organizadas durante horas ata moi tarde nas rúas principais cerca e ao redor da praza Sintagma malia a tormenta. Demostraron unha vez máis que a loita clasista organizada e protexida ten a forza de esmagar os plans do estado burgués.

O grupo parlamentario do KKE no parlamento expuxo o carácter clasista das medidas mentres que a Secretaria Xeral do CC do KKE, Aleka Papariga, dixo entre outras cousas: “O pobo non debe en ningún caso apoiar os intereses dunha parte dos grupos empresariais fronte aos demais. Isto significaría a derrota do movemento por moitos anos.” No seu discurso, a SG do KKE suscitou os seguintes eixos básicos:

* A ofensiva é unificada contra os traballadores asalariados, os autónomos e os campesiños pobres. O goberno trae un proxecto de lei desexando asegurar a recuperación da rendibilidade do capital e dos investimentos.

* Hoxe en día dúas fórmulas de política opóñense entre elas. Unha é a de SYRIZA e outra é a da ND, coas diversas diferenzas que teñen co PASOK e DIMAR. Estas son dominantes entre o pobo, o cal significa que levan a unha parte do pobo a apoiar a unha sección da burguesía e a outra a apoiar outra sección da burguesía.

* A saída a favor do pobo significa a abolición dos monopolios e a retirada da UE. Isto significa o derrocamento do poder político dos monopolios. Non hai saída da crise a favor do pobo sen isto.

Cabe sinalar que o debate no parlamento sobre as novas medidas antipopulares coincidiu co 95 aniversario da Gran Revolución de Outubro. Así o primeiro ministro, Samarás, líder do partido dereitista da ND, decidiu atacar ao socialismo que coñecemos con odio e mentiras, falando de “totalitarismo” e “falta de democracia e de inversores”. En todo caso, o ataque de Samarás, que recibiu unha resposta acorde de parte dos deputados do KKE, confirma unha cousa: que en condicións de agudización da crise e de podremia do capitalismo, o seu temor do verdadeiro contrapeso, que é a outra vía de desenvolvemento que comezou coa construción socialista no século pasado, perséguelles tanto espertos como durmidos…

Ademais, foi reveladora a actitude de SYRIZA no parlamento. Centrándose en cuestións de procedemento e con propaganda sobre a “desviación” da democracia, defendeu outra fórmula de xestión do capitalismo pedindo ao goberno a establecer “liñas vermellas de negociación” mostrando a súa paixón para a UE mencionando que “a política da señora Merkel é a que nos está illando da Unión Europea”. En esencia, sostivo que un mero cambio gobernamental é suficiente para mellorar a vida dos traballadores, sen ruptura coa UE e co sistema capitalista.

Finalmente, 153 votaron a favor do terceiro memorándum e foi aprobado. En base ao resultado anunciouse a expulsión de seis deputados do PASOK e dun da ND.

Máis mobilizacións militantes levaranse a cabo, polo que desde hoxe se debe fortalecer a loita sobre todo nos centros de traballo para que máis traballadores cheguen a ser máis activos e organizados na loita polo derrocamento da política antipopular. Este derrocamento non se levará a cabo soamente por unha folga ou unha mobilización; require unha loita dura ata que o pobo entre nunha ruptura total coa UE e os monopolios.

[Fonte: KKE - galería de fotos]