Declaración de Partidos Comunistas ante as eleccións en EEUU.



Fronte ás eleccións presidenciais nos EEUU –país que ocupa un lugar na cúspide do imperialismo e nas organizacións e unións imperialistas (OTAN, FMI, BM, etc.)- os partidos comunistas e obreiros, que asinamos, expresamos o seguinte:

A crise económica do capitalismo marca as eleccións: desvalorización do traballo, desemprego, descenso do nivel de vida da clase obreira e dos migrantes, incremento do discurso e os ataques racistas e perigosa tendencia á guerra.

Entre os candidatos do Partido Demócrata e do Partido Republicano, Obama e Romney exprésanse disputas intermonopolistas e contradicións na xestión do capitalismo e a crise, mais ningún deles é alternativa para a clase obreira e as capas medias. Ambos teñen o apoio de grupos monopolistas. O ataque anticomunista do candidato republicano contra o demócrata non expresa senón demagoxia populista, apelando ao voto reaccionario e conservador, sementando confusión ao introducir a posición liberal do “mal menor”.

Durante a estancia de Obama na Casa Branca os monopolios foron beneficiados dos rescates para evitar a bancarrota, atacando aos traballadores e traballadoras, non só coa pauperización e o paro, senón coa utilización de fondos públicos en detrimento das pensións, as xubilacións, a saúde, os fondos sociais.


Os matices entre Obama e Romney non deben encasillar aos traballadores norteamericanos en falsa disxuntiva do mal menor. A retórica de diferenzas entre ambos vén ao chan cos feitos.

Obama, o nobel da Paz, continúa a política de guerra no medio Oriente, a intervención militar das tropas imperialistas para reorganizar o saqueo que fan os monopolios dos recursos naturais e a explotación do traballo asalariado. Eslabonado co seu predecesor Bush, en Iraq e Afganistán, levou a agresión militar a Libia, Siria e agora desestabiliza seriamente a paz mundial cos plans contra Irán. En América Latina, Honduras e Paraguay son signos do regreso do golpismo antidemocrático. Confirmou os lazos co goberno israelita en contra dos lexítimos dereitos do pobo palestino. Continúa co criminal bloqueo contra Cuba e a ilegal base militar de Guantanamo  onde se cometen violacións aos dereitos humanos.

Na vida interior dos EEUU, a política de Obama en torno ao tan publicitado Medicare en esencia abriu novos campos para a explotación comercial da saúde e de rendibilidade para os grupos monopólicos como demostrou a compra recente de Amerigroup  Corp. por WellPoint, mentres que os recortes diminúen os servizos básicos para os sectores máis pobres. O ataque constante ao welfare e a postura en relación aos obreiros migrantes son elementos que permiten asegurar que se tratou de vas promesas electorais para atraer ao electorado liberal, ao que lamentabelmente se sumaron as forzas clasistas.

Debe denunciarse o feito de que o poder dos monopolios estadounidenses, o Estado norteamericano, non admite espazos na súa fachada democrática para representantes dos intereses das clases traballadoras. É moi negativo que non se exprese a posición autónoma e independente da clase traballadora dos EEUU.

O carácter de clase dos dous partidos obrígaos ante a crise capitalista a preparar un programa de máis agresións contra a clase obreira, o pobo norteamericano e os pobos do mundo. Consideramos que se debe rexeitar o falso dilema de evitar o triunfo da “ultradereita” apoiando polo menos dereitista. Gañe quen gañe, gañan os monopolios, e non hai que sementar ilusións entre as clases traballadoras dos EEUU. Ao contrario, sabendo de antemán o contido do futuro goberno debe prepararse unha loita contra todas as agresións salvaxes, unha loita contra os sacrificios que intentarán impoñer os monopolios, unha confrontación que deberá darse desde o primeiro minuto do novo goberno. Temos gran confianza no proletariado dos EE.UU., na posibilidade de recuperar as gloriosas tradicións do movemento obreiro e comunista, de John Reed, William Foster, Gus Hall e loitar polos seus obxectivos de emancipación e vida nova, polo socialismo-comunismo.

¡Proletarios de todos os países, unídevos!

Partidos:

Partido do Traballo de Bélxica
Partido Comunista de Grecia
Partido Comunista Obreiro de Hungría
Partido Socialista de Latvia
Partido Comunista de Luxemburgo
Partido Comunista de México
Partido Comunista Obreiro de Rusia-Partido dos Comunistas Revolucionarios
Partido Comunista dos Pobos de España
Partido Comunista de Turquía
Unión de Comunistas de Ucraína
Partido Comunista de Venezuela