Manifestacións en defensa dos servizos públicos.

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos fai un chamamento a participar nas manifestacións convocadas en todas as comarcas para manifestar o rexeitamento ás políticas antisociais e regresivas que vén aplicando o PP, tanto para os servizos públicos, en xeral, como para a destrución de emprego público en particular. Medidas que constitúen un ataque sen precedentes aos dereitos individuais e colectivos das galegas e galegos, pero tamén das empregadas e empregados das distintas administracións públicas.

12-10-15 cartaz mani Plataforma Galega en Defensa Servizos Públicos 
As horas e lugares de saída das manifestacións previstas son:


A Coruña :  Praza de Pontevedra- 19:00 h
Compostela: Alameda- 19:00 h
Ferrol :  Praza de España – 19:00 h
Lugo: Edificio Admtvo Xunta- 19:00 h
Ourense: Pavillón dos Remedios- 19:00 h
Pontevedra: Praza da Ferrería -20:00 h
Vigo: Vía Norte- 20:00 h