Solidariedade con seis traballador@s desempregad@s de Ferrol.



O próximo mércores 12 de setembro está convocada unha rolda de prensa co fin de informar sobre o xuízo que teñen seis compañeiros da Asemblea de Desempregad@s da CIG (un deles militante de Forxa!) por participar nunha acción simbólica de reapropiación de alimentos de primeira necesidade do Maxi-DIA, o pasado 6 de xuño, co fin de entregalos na Cociña Económica para as persoas máis necesitadas, que están sufrindo de foma cada vez máis alarmante as consecuencias da crise do sistema de producción capitalista.

O xuízo terá lugar este venres 14 de setembro, onde a partir das 11.30h está convocada unha concentración nos Xulgados de Ferrol en solidariedade coas 6 persoas imputadas.

Facemos un chamado a asistir a esta concentración e amosar o máximo apoio a todos estes compañeiros e compañeiras que están a desenvolver un traballo importantísimo de cara a visibilizar a problemática do desemprego, que está a acadar cifras históricas nos últimos meses.

Animamos a que todos os traballadores e traballadoras desempregadas da comarca de Ferrol se decidan a participar nesta Asemblea e así ir sumando forzas. É desexábel que esta iniciativa se extenda tamén a outras comarcas, ata crear un forte e amplo movemento de desempregad@s que esté en condicións de combater, xunto co resto de traballadores e traballadoras en activo, todas as medidas antipopulares que segue a aplicar o capital.

[Fotos: Asemblea de Desempregad@s da CIG de Ferrol]