Concentración solidaria nos Xulgados de Vigo coincidindo co xuízo a 18 persoas

A acusación particular reclámalles tres anos de cadea por presuntamente teren ocupado unha ETT.

A CIG convoca unha concentración de delegados/as diante dos Xulgados de Vigo, na rúa Lalín, coincidindo co xuízo que se celebra este luns día 3 e no que se lle piden tres anos de prisión a 18 persoas -entre elas os secretarios comarcal e de organización da central nacionalista- por presuntamente teren ocupado unha empresa de traballo temporal. A protesta dará comezo ás 10.00 horas, media hora antes do inicio da sesión.
2010 17 09 CIG-MocidadeETTVigo1

O proceso contra as 18 persoas baséase na denuncia presentada pola propietaria dunha ETT da rúa Romil, aínda que a propia Fiscalía rexeitou presentar escrito de acusación.
Con todo, e a pesar de que os procesados/as foron identificados pola Policía española cando se atopaban nas inmediacións do Concello de Vigo, a acusación solicita tres anos de cadea para cada un deles por presentamente teren ocupado a sede da empresa o pasado 17 de setembro e causado desperfectos no seu interior.



A concetración solidaria dará comezo ás 10.00 horas, media hora antes do inicio do xuízo, que terá lugar no Xulgado do Penal número 7 de Vigo, na rúa Lalín.

[Fonte: CIG]