[26 de setembro] Concentración en Ferrol contra os recortes do capital e por unha folga xeral europea.

A CNT, o Colectivo marxista-leninista FORXA!, a Asemblea do 15M, o PCPE e traballadoras e traballadores a título individual, entendendo a necesidade de convocatoria dunha folga xeral inminente que sexa quen de poñerlle freo aos recortes do capital e en apoio ás folgas que por este motivo están convocadas en Euskalherria e Grecia este vindeiro día 26 de setembro de 2012, facemos un chamado ao conxunto de traballadoras e traballadores desta comarca, así como ao seu tecido social, a sumarse a esta convocatoria e participar nunha concentración o mesmo día 26 ás 20 horas diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Ferrol.

Contra os recortes do capital!
Por unha folga xeral europea!!





22 de setembro de 2012.
Forxa! Colectivo Marxista-Leninista.