Os obreiros da Aceiría Grega derrubaron os plans da patronal e continúan con outras formas a súa loita.

Asprópirgos, na fábrica da Aceiría Grega, luns 30/7, 9.05 da mañá.
 
Os obreiros da Aceiría Grega que estaban en folga, logo de nove meses (272 días), entran de novo na fábrica pola entrada principal, formando manifestación, erguendo o puño e levando un caravel na man. Aplican a decisión da súa vixésima asemblea xeral que se celebrou o mediodía do sábado, segundo a cal entran na fábrica para continuar a súa loita doutras formas, derruban unha vez máis o plan do empresario Manesis que xa deixara claro que quería levar a folga á decadencia, desmantelar o sindicato de traballadores e para logralo gozou da plena axuda do goberno, que puxo na súa disposición os medios estatais de represión.

Os obreiros en folga con todos os membros da Administración do Sindicato da “Acería Grega”, liderados polo presidente, Giorgos Sifonios, pasaron a entrada de forma organizada, sendo os verdadeiros vencedores desta batalla de folga que durou nove meses. Precederan as aspiracións ofensivas da patronal, coas leiteiras dos Medios de Represión aparcadas na entrada para permitir a entrada aos traballadores un a un, tras a mostra do seu DNI e a aprobación de dita entrada pola patronal. A súa afouteza obriga á patronal a retroceder. Co retroceso simultáneo dos Medios de Represión e as demais forzas da policía, os obreiros sós, abren a porta principal e diríxense aos seus postos, baixo os aplausos e consignas dos comparecentes: “Nove meses de folga, esta folga recordarase para sempre”, “O aceiro faise con sangue e suor, os obreiros non agachan a cabeza”, “Loita, conflito, derrube, os obreiros da Aceiría mostran o camiño”.

A decisión de deter a folga e continuar a loita doutras formas fíxose tras a proposta unánime do Consello de Administración, presentada por Giorgos Sifonios, presidente da administración, que foi apoiada pola inmensa maioría da asemblea. Na proposta, entre outros, referíase:

Hai 272 días, tras o dilema coaccionante de Manesis, de traballar cinco horas ou que se despedisen 180 obreiros, por medio da nosa asemblea, respondemos unanimemente coa folga. É dicir, fixemos o que debía facer cada obreiro con autorespeito e con respecto á súa clase. Ningún de nós, naquel momento, podía prever que encetabamos unha folga que se volvería unha das loitas máis brillantes do movemento obreiro do noso país e internacionalmente, que se volvería un punto de referencia. (...). A conclusión é que nunca o aprenderiamos nin o obteriamos se non venceramos o medo. Se non tiveramos entrado unidos e decididos na loita.

Temos un balance moi rico.

Organizamos 20 asembleas, onde colectivamente avaliabamos a situación e determinabamos os nosos pasos en diante. Á beira do Consello de Administración, constituímos varios comités que axudaban na organización mellor, na garda, na axitación e na solidariedade. Entraron todos os membros das nosas familias na loita, fosen mulleres ou nenos. Diriximos un chamamento aberto a toda a clase obreira e ao pobo traballador, para que apoiase a nosa loita. Levantamos un movemento de solidariedade único desde todas as partes de Grecia, tal como desde varios lugares do estranxeiro.

Organizamos diante da fábrica máis de 50 actos, concentracións, manifestacións, concertos, presentacións de libros, actos para nenos, para as mulleres... Pasamos todos xuntos o Nadal, a Noiteboa, o Entroido, a Pascua, volvémonos a través da loita unha “familia”, tal como deben ser os obreiros. Da entrada da Aceiría pasaron miles de traballadores, de mozos, de pensionistas, de colexiais, de universitarios, de traballadores de todo o mundo. Volveuse unha escola de educación clasista. Levamos a nosa loita fóra da porta da Aceiría, chegou ata a fin do mundo. Trasladamos a chamada dos obreiros da Aceiría a decenas de fábricas en Ática e noutras cidades. Son centenas as manifestacións e os actos de solidariedade que tiveron lugar en toda Grecia e en decenas de cidades do estranxeiro. Provocamos unha serie de folgas de solidariedade en Triasio, en Ática, en Volos, para que se organizase mellor a resistencia dos obreiros en moitos postos de traballo. A nosa loita volveuse unha fonte de inspiración de loita para os obreiros, para os mozos, para os estudantes. Son centenas as cartas emocionantes por parte de estudantes que expresaron a súa solidariedade. Escribíronse poemas, fixéronse cancións e é certo que seguirán escribíndose aínda máis no futuro. A nosa loita lerase, conversarase, cantarase por moitos anos máis.

Ofreceuse unha experiencia rica e conclusións para que sirvan nas loitas do futuro. Por iso, a súa oferta é grande. Algúns se preguntan con boa fe e outros con mala: E que saíu desta loita? Que é o que gañaron os obreiros da Aceiría, xa que as súas reivindicacións non se realizaron? Nosoutros dicímoslles que a resposta é simple. Ningunha gran loita non se fixo nin se fará, tendo asegurado as condicións para a vitoria, tendo previsto sen erros todos os casos. Na vida non hai tales loitas. Só na mente dos burócratas, dos mexericas…

O resultado da loita non se conta só co que un obtén ou non obtén de forma material. Hai loitas que ofrecen moito máis do que se ofrece en forma material, porque preparan os seguintes pasos e as seguintes batallas da clase obreira en total. Axudan na concienciación xeral, para que rompa o terrorismo, vólvense puntos de referencia. Tal loita é a loita dos obreiros da Aceiría e así se debe avaliar. Así a avaliaron todos os traballadores, por iso, desde hai moito tempo, considérannos vencedores.

Que é o que conseguimos coa nosa loita? A nosa loita levou ao escenario a forza e o valor da loita clasista, a gloria e a forza da solidariedade obreira. Os dons, e as boas tradicións do movemento obreiro e popular no noso país. Rompeu o medo, a imposición da patronal, golpeouse a submisión, o malestar. Provocou un golpe importante ao realismo, á lóxica comprometida do sindicalismo patronal e gobernamental, a estafa do chamado diálogo social.

Probou de forma moi expresiva quen son os produtores da riqueza, e quen a rouba.

Na porta da Aceiría revelouse máis expresivamente o conflito de dúas clases contraditorias, de dous mundos, de dúas civilizacións en contradición. Por unha banda a clase de Manesis, co seu goberno, o seu estado, a súa xustiza, os seus medios de propaganda e a súa xente nos sindicatos. Por outra banda, os obreiros da Aceiría, coa súa clase, coa compracencia, a solidariedade do movemento obreiro clasista e dos seus aliados.

Ningún dos nosos inimigos, Manesis, o goberno, o sindicalismo gobernamental e patronal esperaban que fósemos tan fortes. Subestimáronnos, considerábannos inferiores, medrosos, submisos, e perderon. Tentaron ademais, calumniar ao esforzo que fixeron miles de traballadores, apoiando ata materialmente a nosa loita, dicindo que “nos están pagando para facer folga”. Tentaron igualar a solidariedade obreira que a clase obreira nos ofreceu do pouco que lle quedaba para que aguantásemos nós e as nosas familias co suborno. Con todo, non o conseguiron, porque a nosa loita grandiosa non se mancha. Vencémolos a todos, este é o noso balance. Vencémolos porque tiñamos razón, porque estamos unidos. Porque non puideron rompernos, por moitos esforzos que fixesen. Porque traballabamos en base ao lema “un para todos e todos para un”. Porque loitabamos e, simultaneamente, gardabamos a nosa loita.

Probouse da mellor forma quen son os produtores da riqueza, quen ten a forza nas súas mans, que “sen nós as engrenaxes non viran”...

Logramos o que, quizá, nove meses antes, considerábase incríbel. Obreiros en folga por nove meses para que os seus colegas volvan ao traballo. Despedidos en folga de nove meses para que volvan ao traballo. Nunca se fixo isto de novo. Ao final, o inimigo non logrou vencernos con todo isto e se forzou a que quitasen a máscara da “democracia e do diálogo” e presentarse tal como realmente é, un tírano, un inimigo dos obreiros. Forzouse a deixar aparte todos os pretextos para usar a súa última arma, os mecanismos de represión, algo que hoxe é máis forte que nós.

Todo o mecanismo estatal, o goberno, os partidos do capital, a xustiza clasista, os medios de comunicación masiva, as decenas de leiteiras das forzas de represión, as decenas de coches da policía e as centenas de policías secretos coordináronse para defender ao seu patrón, a Manesis. Para golpear aos seus inimigos, aos obreiros en folga. Para bater aos que, desde hai anos, coa nosa suor, dámoslles para comer a todos eles.

A reivindicación para cambios nos horarios e os salarios que se prevén no noso contrato de emprego colectivo reaparecerán pronto por Manesis, que agora os retirou temporalmente, por mor da folga. Isto sábeo tamén o inimigo, sabe que a loita non termina ao terminar esta folga, e por iso toma el tamén as súas medidas para como nos confrontará a continuación.

Podemos afrontar a nova situación, tal como afrontamos as outras fases difíciles da nosa loita. Unidos, colectivamente baixo a dirección do Consello Administrativo do noso Sindicato. O inimigo agora aspira a romper isto, para ter, a continuación, as súas mans libres. O Consello Administrativo do sindicato, tomando en consideración a nova situación que se creou, a necesidade de continuar dando a batalla de forma organizada, propón o detemento desta forma de loita.

Entramos de novo á fábrica, de forma organizada, coa cabeza no alto, tras a nosa decisión e coa nosa vontade. Coa nosa unión organizada, continuamos con outras formas de loita. Continuamos co esforzo de realizar as nosas reivindicacións. Para que se recontraten directamente 40 colegas nosos que son despedidos. Para que se recontraten gradualmente os demais dentro dun período lóxico. Para que non se faga ata entón ningunha contratación nova, aparte da dos nosos colegas que se despediron. Todos xuntos, o Consello de Administración, o comité de mulleres, o comité de despedidos, continuamos tal como se fixo ata hoxe, loitando para os problemas que teñen que ver cos préstamos dos nosos colegas nos bancos, coas facturas das Empresas Públicas, cos medicamentos, a saúde, etc. Estamos en alerta para reaccionar directamente e combativamente no caso de que a patronal remova a reivindicación de cambio de horarios e de salarios. Utilizaremos todo medio para que se investiguen as denuncias que chegaron a publicarse sobre a existencia de material radioactivo. Utilizaremos, para todos os asuntos todos os límites legais que hai.

Agradecemos desde o máis profundo do noso corazón a todos os traballadores en Grecia e no estranxeiro por apoiar a nosa loita por nove meses, material e moralmente. Sobre todo agradecemos ao PAME, que, ao longo da nosa loita, día e noite, axudounos e continuará axudándonos. Apoiou practicamente a todas as decisións e iniciativas que tomamos, trasladou a mensaxe dos obreiros-heroes da Aceiría a todos os recunchos do país, a todo o mundo. Precisamente por esa participación súa combáteo e calúmniao diariamente o inimigo.

Sabemos que a Historia fíxonos a frontal desta loita. Con todo, non somos cridos, porque sabemos que unha pequena parte da clase obreira, como somos nós, non pode combater a todo o mecanismo estatal, derrubar a situación por completo, se na súa totalidade a clase obreira non segue o camiño dos obreiros da Aceiría, se non se cambian en xeral as correlacións políticas ata no movemento obreiro.

Compañeiros:

A nosa loita xa é un gran legado. Os nosos fillos camiñarán coa cabeza en alto, estarán orgullosos porque os seus pais fixeron o que deberon. Porque mantiveron a cabeza en alto, discutiron a humillación e o terror da patronal. Porque non se agacharon, loitaron por un futuro mellor para eles e para os seus fillos. A nosa loita será obxecto de conversación e de admiración nas xeracións futuras, será unha fonte de inspiración. Volvemos coa cabeza en alto, e, de momento, continuamos a loita pola realización das nosas reivindicacións doutras formas.

Que viva a loita heroica dos obreiros da Aceiría!

Que viva a clase obreira!

Que viva a solidariedade obreira!

A loita continúa ata a vitoria final!

No seu anuncio, o Secretariado Executivo do PAME indica, entre outras cousas, que: “A semente que se sementou florecerá nas novas Aceirías que estalarán no período que vén, porque vén unha nova tormenta de medidas antiobreiras. Cada momento da súa loita foi unha lección importante para a clase obreira, para que saque conclusións útiles para a loita de clases.

Ensinou que significa heroísmo e sacrificio persoal! Ensinou o carácter da solidariedade obreira! Iluminou o contido do conflito por medio de moitas formas! Sinalou a necesidade da loita organizada! Revelou o conflito sen cesar entre o capital e o traballo asalariado. A loita dos obreiros da Aceiría detivo, ata temporalmente as tácticas e as planificacións máis amplas dos empresarios. A folga empezou ao momento que nos caixóns de varias fábricas estaban xa preparadas as ordes de traballo aleatorio e do ataque máis xeralizado. Confirmou que só a liña da loita clasista, do conflito coa patronal, o goberno e os organismos imperialistas pode dar tal tipo de loitas. A loita dos obreiros da Aceiría provocou, entrou en conflito co devandito realismo do sindicalismo gobernamental e patronal. Dentro destas condicións presionou a Confederacións e Centros de Traballo que estaban co lado da patronal, para que fixesen folgas e paróns. Os obreiros da Aceiría, que deron esta loita tamén, tal como os que a apoiamos, estamos orgullosos. O seu puño alzado por nove meses é a forza para as loitas que veñen. A Asemblea Xeral do sindicato dos obreiros na Aceiría xulgou que agora é o momento apto para que se complete esta gran folga.

Algúns que, ás veces vestidos de loitadores ás veces vestidos de bombeiros para a radicalización das conciencias obreiras, durante todo este período buscaban defectos na loita da folga, intentando illar e manchar ao sindicato dos obreiros da Aceiría, tentan parecer sacros e xulgadores, avaliando desde a seguridade da súa postura. Pero as loitas non son momentáneas, para saber que acontecerá ao momento seguinte.

A loita dos obreiros da Aceiría demostrou que, cando a clase obreira decide parar a engrenaxe da explotación, este non xira. Cando a cisterna da Aceiría permanece fría, todos os Manesis, son nulos. Revelou a forza interminábel que teñen os obreiros se cren na súa forza e deciden entrar en conflito. A vida en si ha desde xa clasificado a nosa loita entre os duros combates clasistas, unha pedra na loita interminábel dos obreiros fronte aos seus explotadores”, cita o anuncio da PAME.

[Tirado da web do KKE, traducido por Forxa!]