As organizacións sindicais convocan para mañá venres, día 31 de agosto, novas concentracións nas distintas comarcas, para denunciar que coas medidas que vén aprobando o PP desde que chegou ao goberno estase a producir un auténtico saqueo á clase traballadora para pagar o rescate á banca. A CIG chama a participar nas mobilizacións previstas nas cidades galegas contra esas políticas dirixidas a protexer e beneficiar os intereses de banqueiros, especuladores e defraudadores.
Concentracións confirmadas
| Localidade | Hora | Lugar |
| Vigo | 11:00 h | Edificio Administrativo da Xunta |
| Compostela | 12:00 h | Praza de Galiza |
| A Coruña | 12:00 h | Delegación do Goberno (Praza de Ourense) |
| Ferrol | 12:30 h | Edificio Administrativo da Xunta |
| Ourense | 11:00 h | Subdelegación do Goberno |
| Lugo | 12.00 h | Subdelegación do Goberno |
[Fonte: CIG]