Entrevista a Yiannis Gkiokas, Responsábel de Relacións Internacionais da Mocidade Comunista de Grecia (KNE)




Tinta Roja entrevista ao Camarada Yiannis Gkiokas de 32 anos. Membro do Buró do Consello Central da KNE e deputado parlamentario do KKE. 

TR: Dadas as circunstancias, é necesario que preguntemos polos resultados electorais. Como estimades que afectou a presión internacional aos resultados dos comicios? Sería certa a definición de chantaxe europea ao pobo grego?
YG: Esta forma de abordar o tema é totalmente correcta. O pobo grego atopouse no centro dun dilema presionante e aterrador, non ao longo das dúas batallas electorais, senón durante os últimos dous anos. A UE e o FMI, os gobernos gregos, os partidos burgueses, os Medios de Comunicación Masiva presionan o pobo grego dicindo que, se non acepta as medidas antipopulares, entón o país será expulsado da UE e, como din, lle esperará aínda máis pobreza e miseria. Estas presións afectaron á composición do resultado electoral.
É característico que, mentres na primeira batalla electoral o criterio de voto era a derrogación do memorando e a oposición ás opcións da UE (independentemente da profundidade política que tiña esta postura), na segunda batalla electoral, o criterio de voto básico era a necesidade de creación do goberno, tendo como núcleo o partidoNova Democraciae SYRIZA. No canto da derrogación promocionouse arenegociaciónen combinación coa permanencia de Grecia a toda costa na Eurozona, na UE. Este retroceso foi para a concencia popular unha chuvia de presións asfixiantes.
Neste punto, fai falta anotar que os portadores de ditas presións eran tamén as forzas de SYRIZA. Pode que non usaran argumentos expresamente intimidatorios, porén a promoción da súa tese en quebra, afirmando que o futuro do pobo grego está dentro da UE e a ilusión que cultivaron facendo crer que pode haber mellora da posición dos traballadores ou, polo menos, un cesamento do empeoramento, por medio dunha negociación mellor,de esquerdasno marco desta alianza de lobos do capital, contribuíron a que aparecera a UE como camiño único para o pobo. Isto contribuíu a que se alimentaran as presións.
Paralelamente, as eleccións de xuño foron utilizadas como experimento e utensilio nos conflitos intraimperialistas: o como se repartirá o dano causado pola agudización e a profundación da crise, o percorrido da eurozona. A retórica anti-Merkel de SYRIZA usouse tamén por forzas nos EEUU e Gran Bretaña e por unha parte de competidores europeos de Alemaña, que aspiran a limitar a súa forza dentro da eurozona. Non é casual que poucos días antes das eleccións, o presidente de SYRIZA, se reunira con persoal diplomático dos G20 en Atenas, para que, como el dixo,se establecese un clima de confianza.
TR: O resultado das eleccións, como se recoñece na resolución da camarada Aleka Papariga, é malo, non para o partido senón tamén para o propio pobo grego; moito se está falando xa destes números. O resultado supón unha perda de influencia real dos comunistas na sociedade grega ou é un resultado conxuntural, froito do efectovoto útil? Que contesta o KKE ante as voces que achacan o resultado electoral aposicións sectariasdo partido por negarse a apoiar a SYRIZA?
YG: O poder electoral que tivo o KKE nestas eleccións é desproporcionado en comparación co seu verdadeiro impacto político. O KKE deu as batallas electorais a contracorrente coas presións por unha banda e as ilusións por outra. Permaneceu na súa postura, a pesar das perdas electorais e a tentativa de renovación do escenario político e restauración da socialdemocracia, xa desgastada, por medio de SYRIZA. A postura do KKE é unha postura de principios, un legado para a loita da clase obreira e a mocidade. A postura do KKE confirmarase moi rápido polas incidencias, así como a súa liña política, a súa estratexia, as súas estimacións sobre o carácter da crise, sobre a UE, etc. Confirmouse ao longo de todos estes anos.
Precisamente este é o problema de todos aqueles que acusan ao KKE de posición seitarias: a súa estratexia revolucionaria que combina a loita por cada problema popular, polo dereito ao traballo, a protección dos parados, polos salarios e as pensións, por unha saúde gratuíta, por asistencia social, educación, contra as guerras imperialistas, pola saída das unións imperialistas, pola soberanía popular, os dereitos democráticos, coa loita polo derrocamento do capitalismo, polo poder popular obreiro.
Os mozos do Estado Español, os mozos comunistas, poden coñecer mellor a estratexia e a actividade do KKE e da KNE en Grecia, coñecer que centros impulsan o ataque contra o noso partido. Verán que este ataque se fai, sexa por forzas burguesas (os Medios de Comunicación Masiva en Grecia falan diariamente da necesidade de que o KKE cambie de estratexia, moitas veces coa ameaza de que, se non o fai, prexudícase a súa legalidade), sexa por forzas oportunistas, comunistas mutados que negaron na práctica os principios marxistas-leninistas, a esencia da loita de clases que está na perspectiva do socialismo. Son as forzas que se aglutinan principalmente ao redor do Partido de Esquerda Europea e cultivan a lóxica docapitalismo humano. Esta liña política experimentouse, quebrou, levou a Partidos Comunistas á integración ou incluso á disolución.
A tentativa de calumniar o KKE fracasará porque se desmente polo papel protagonista do KKE e a KNE e tamén dos demais sindicatos de clase, das aglutinacións de loita, as decenas de folgas, as centenas de mobilizacións do pobo e a mocidade.
Estes acontecementos importantes non se derrogan polo resultado negativo para o pobo. Constitúen un legado para a continuación da loita de clases. De tódolos xeitos, a estratexia dun Partido Comunista non se xulga soamente nas eleccións para o parlamento burgués. Un PC non pode renunciar á súa estratexia para buscar votos nas eleccións.
TR: Tamén no Estado Español se ataca o KKE ferozmente tanto pola dereita como pola esquerda, respecto ás posición do esquerdismo. Que contestan os comunistas gregos a aqueles que acusan ao partido de ser electoralista e buscar a revolución a través do parlamento? 
YG: A experiencia das últimas batallas electorais desmenten a todos eles. O KKE deu a batalla, dixo a verdade ao pobo sobre a crise e a UE advertiulle do peor que vén, sexa cunha xestión de dereitas ou de esquerdas. Opúxose á corrente, tomando en conta o perigo do custe electoral. Porén, non se rendeu á presión de participar nun goberno de xestión, en nome de certos éxitos electorais momentáneos, que pronto desaparecerían e sobre todo desarmarían ao movemento popular, faríano perder, deixarían ao pobo exposto nos novos desafíos que o esperan.
O KKE non subestima ás eleccións. Porén, da batalla dentro e fóra do parlamento, para a reconstitución do movemento obreiro, a promoción da alianza social que loitará por cambios radicais ao nivel do poder e da economía, entrará en conflito coa liña política dos monopolios, as unións imperialistas da UE e a OTAN.
O KKE non ten ilusións parlamentarias.
O KKE ten unha posición expresa sobre o carácter das eleccións e o parlamento burgués, igual que sobre os gobernos no marco do sistema. É unha postura que expresou ao longo das eleccións. Isto non contravén para nada a necesidade de fortalecer ao KKE incluso no parlamento burgués, como forza da oposición obreira popular.
TR: Dentro da estratexia de acumulación de forzas do KKE, a plataforma máis coñecida é a PAME, porén o KKE está desenvolvendo esta liña de alianza popular a is niveis, Poderías comentarnos algo sobre o resto de organizacións de alianza clasista que existen en Grecia alén da PAME? Que experiencias estades tendo, en concreto cos Comités de Unidade Popular, nos barrios obreiros?
GY: A creación dunha alianza social e política que loitará por cada problema popular, que entrará en conflito cos monopolios e o imperialismo é a base da estratexia do KKE, pola acumulación de forzas, a maduración do subxectivo ao redor do problema político central que équen ten o poder e a propiedade dos medios de produción nas súas mans, os monopolios ou a clase obreira cos seus aliados?. Neste sentido, o KKE loita pola constitución e a masificación de unións de loita nos campesiños pobres (Unión de Loita de todos os Campesiños- PASY), os pequenos autónomos (Unión Panhelénica Antimonopolista de Comerciantes e Artesáns- PASEVE), os estudantes (Frente de Loita dos Estudantes- MAS), as mulleres (Confederación de Mulleres de Grecia- OGE). O KKE e a KNE loitan pola masificación destas estruturas, o cambio da correlación de forzas en aglutinacións masivas que teñen unha liña integracionista. Estas estruturas reúnense en asuntos e obxectivos de loita contra a estratexia do capital, da UE, que contribúen na alianza social entre a clase obreira, as capas populares da cidade e das áreas rurais, coa participación das mulleres e a mocidade.
Dita alianza enraízase en todo lugar de traballo e barrio popular. Os comités populares son as pernas desta alianza e no último período constituíronse e desenvolveron grande actividade en cidades grandes e pequenas, en barrios populares, etc por centos de problemas populares (educación, saúde, impostos etc.). A experiencia da actividade de ditos comités en canto á imposición gravísima contra o pobo, foi moi importante. Desenvolveron actividade para que non se pagasen os impostos adicionais das casas por medio da empresa estatal de electricidade, de forma organizada. Fixéronse intervencións inmediatas para que non cortasen a electricidade. Os resultados foron importantes.
Por suposto, queda moito camiño por andar. O percorrido e a dinámica destes comités populares fortalecerase segundo aumente a correlación de forzas no movemento e se integren is elementos de loita.
TR: No Estado Español preocupa especialmente a aparición en escena da organización neonaziAurora Dourada. É unha viraxe reaccionaria de parte da sociedade grega, ou simplemente substitúe á extrema dereita tradicional de LAOS? Que clases sociais apoian esta organización e que efecto están causando as constantes agresións e provocacións nun pobo como o grego que sufriu a barbarie do nazismo no seu propio país?
YG: A suba de Aurora Dourada foi unha das razóns básicas polas que o noso partido calificou de negativo o resultado electoral. Fai falta, por suposto, unha análise is profunda, lonxe de interpretacións simplistas. Dita forza tivo unha parte dos votos do partido tamén de extrema dereita LAOS, que se desgastou participando na alianza gobernamental de Papadimos e votou por moitas medidas antipopulares. Tamén tivo moitos votos nas estruturas do mecanismo estatal (policía, forzas especiais, etc).
A suba de Aurora Dourada é a proba adicional de que, en condicións de crise profunda e de miseria popular, mentres o movemento obreiro non pase á ofensiva e a maioría dos partidos apoie o sistema capitalista ou cultive a ilusión da súa humanización, o perigo da reacción e do impacto de opinións nacionalistas e neofascistas crece. Moito is dende que se adoptou na UE como ideoloxía estatal a igualación do fascismo ao comunismo. No noso país tamén se usa nesta dirección, para igualar ao fascismo co comunismo.
Temos que lembrar que esta forza que defende como as demais á UE, presentouse comoforza anti-memorandono movemento temporal dosindignados, promovendo unhas consignas reaccionarias e sinvergonzas para manipular o malestar dos traballadores (fóra os partidos e os sindicatos). E dende este punto de vista se revela a responsabilidade de todos aqueles que divinizaron este movemento e adoptaron ou non confrontaron as súas consignas básicas.
Como KKE e como KNE, no período que vén fortaleceremos a nosa loita para que non pase, sobre todo na mocidade, o veleno do racismo e do fascismo, que divide ao pobo e esconde ao inimigo clasista. Con todo,Aurora Douradanon se confronta con reclamacións antifascistas nin moito menos falando da unidade nacional e do consenso antifascista. un movemento obreiro popular forte e un KKE moi forte poderán confrontar estas opinións perigosas e transformalas en opinións marxinais que non causan perigos.
TR: A parte das eleccións, o KKE e a súa mocidade han ter unha enorme responsabilidade na organización das loitas obreiras e populares contra todas as agresións dos gobernos de ND e PASOK. Cal é o balance da loita nos últimos anos? Serviu para aumentar o número de traballadores organizados?
YG: As loitas do pobo e da mocidade os últimos dous anos tiveron unha masividade e unha dinámica única en relación cos períodos anteriores e son un legado para o futuro. O CC do KKE estima na súa resolución recente que:Ditas loitas, malia a suba da súa masividade, o dinamismo das súas formas de loita (máis de trinta folgas, manifestacións masivas, ocupacións, negación de pagamentos de certos impostos e de peaxes etc) non levaron á realización do carácter da crise, na aceptación da política de saída desta, con conflito e saída da UE, eliminación unilateral da débeda, colectivización dos medios de produción concentrados.
Non foron acompañadas por un ascenso na masividade das organizacións sindicais dos obreiros e empregados, os autónomos na cidade e no campo, cambios esenciais na correlación de forzas, ascenso do movemento da mocidade, masificación das formas particulares das mulleres. A condena masiva da Nova Democracia e o PASOK, o seu abandono por parte dos traballadores, os máis novos, tiña máis que ver con asuntos de xestión e menos co carácter clasista de devanditos partidos, a acción dos monopolios, o carácter imperialista da UE. É historicamente coñecido por outros casos e por iso repetímolo desde os principios do 2010, que, en condicións de crises, é probábel que coexistan ambas versións: que o movemento sufra un golpe, retroceda ou que dea un paso importante na dirección da ofensiva, da política de ruptura e de conflito cos monopolios e os partidos burgueses. Na masificación das loitas xogou un papel a inserción de novos sectores da clase obreira e das capas populares que non obtiveran a experiencia política necesaria, que se rexían da aspiración por outra xestión capitalista que supostamente pararía a decadencia, daría inmediatamente solución aos seus problemas agudos, faría ao capitalismo ir para atrás a unhas condicións relativamente máis beneficiosas para eles. É algo que non se pode facer.
A oposición ás opcións da UE, dos memorandos non se compaxinaba coa concienciación sobre que ditas opcións expresan os intereses da burguesía do país. A crise capitalista e os memorandos proclamáronse como un asunto de xestión de negociación impotente e sumisa. Esta era a base da lóxica anti-memorando que non era nada profunda e que promovían SYRIZA, Gregos Independentes e tamén Aurora Dourada. Como partido, estudamos de tal forma como para confrontar as dificultades obxectivas e as debilidades subxectivas.
Malia iso, as loitas deste período inclúen unha dinámica importante que se expresará. Crearon prototipos de heroísmo obreiro, como a loita dos obreiros da Aceiría Grega que dura xa 9 meses e educa sobre todo ás xeracións máis novas.
TR: Aterrando nos aspectos estritamente xuvenís, en que situación se atopa actualmente a mocidade de clase obreira en Grecia? Podedes contarnos algo da campaña que desenvolveu o KNE en contra da malnutrición xuvenil?
YG: As condicións para os mozos de clase obreira e as demais capas populares, é difícil e empeora aínda máis por mor das medidas e da estratexia da UE. En base aos datos oficiais, 1 de cada 2 mozos está en paro, o paro real é aínda máis grande, as relacións laborais flexíbeis e os convenios individuais mal pagados xeralízanse. Os colexios funcionaron a maior parte do ano pasado sen todos os libros, sen as instalacións técnicas e materiais necesarios, que os nenos teñen que buscarse por si mesmos. En moitos casos, incluso o custo do petróleo de calefacción cubríase polos pais dos nenos. A situación será a mesma o ano que vén. As universidades están case en creba porque o seu diñeiro usouse para a compra de bonos estatais (máis de 180 millóns de euros), que foroncortadosen base ás medidas recentes. Non se sabe que pasará coas residencias e os restaurantes para os estudantes. A malnutrición dos mozos é un asunto importante que abrimos como KNE. Con intervencións e mobilizacións reivindicamos que o estado se fixera cargo da nutrición dos estudantes.
Esta situación crea unhas tarefas adicionais á KNE, para que sexa a vangarda na loita por cada problema que afronten os mozos das familias populares, revelando ao mesmo tempo os culpábeis, as causas e a perspectiva da confrontación destes problemas que está na alineación co movemento obreiro e popular por cambios radicais no poder e a economía, na loita da mocidade polo socialismo.
TR: KNE é unha das organizacións cunha posición máis clara e firme de loita contra todo tipo de drogas. Ata que  punto é actualmente a droga un problema para a mocidade en Grecia? Que opinades das posicións dentro da esquerda que apoian a legalización das chamadas drogas brandas?
YG: Tal como en cada país onde os impases e a inseguridade para os mozos aumentan por mor das políticas do capital, igual en Grecia, nótase un aumento preocupante do uso de drogas, ata entre colexiais. Nunha investigación recente    nótanse unhas porcentaxes para o 2011 case cinco veces máis que en 1984. Unha das explicacións dos expertos sobre o aumento do uso os últimos anos, e sobre todo das chamadasdrogas brandas, é produto das declaracións e as conversacións contínuas sobreo haxix inocente, o usodo cannabis bo e non perigosoe da conversación sobre a legalización das drogas.
Os partidos do goberno en Alianza, Nova Democracia, PASOK e Esquerda Democrática, xuntos con SYRIZA, coas súas posición serven estas políticas perigosas. Son estas políticas as que fixeron que crezan nos países da UE e en Grecia as porcentaxes da adicción das drogas e o uso desde idades máis baixas, en combinación coas consecuencias e os impases do capitalismo. Sobre todo en condicións de crises, os factores que contribúen na expansión das drogas (paro, pobreza, marxinalización, depresión, barreiras clasistas na educación e a saúde, o deportismo e a cultura) multiplícanse.
Precisamente nestas condicións chamamos á mocidade a que pense:
Quen ten interese por unha mocidade atrapada no mundo falso das drogas? Quen gaña coa mocidade á marxe, sometida ás drogas?
O sistema capitalista é o que gaña, os que ven as súas ganancias multiplicándose pola explotación e a ruptura do pobo e da mocidade.
De todos os xeitos, os exemplos son moitos. Como en 2001 en Arxentina, xunto coa crise capitalista apareceu a drogapaco, ou, dito doutro xeitoo ladrón da mente,o eliminador dos pobres, igual hoxe en Grecia apareceu unha nova droga, barata e moi perigosa para a vida e a saúde dos usuarios que se chamasisaou, con outras palabrasa coca dos pobres.
Os puntos comúns demostran claramente o seu obxectivo: Polos seus intereses é moito mellor ter unha mocidade drogada e sen reaccións que unha mocidade que loite.
A confrontación do problema non se fai nin cos cárceres e tampouco con recoñecementos dalegalización das drogas, tal como o chaman. Atópase no establecemento do dereito á prevención por todos os mozos. Está sobre todo na loita combativa, organizada e colectiva pola educación, o traballo con dereitos, a cultura e o deporte.
A KNE chama á mocidade a que estea en garda, a que diga non á separación entre drogas brandas e duras, a que loite por unha sociedade libre de drogas e non coas drogas libres.
TR: Hai futuro para a mocidade obreira en Grecia?
YG: Si, hai futuro para os mozos traballadores, os mozos das capas populares e campesiños. O seu futuro existe no incremento da súa participación nos sindicatos obreiros clasistas, nas unións de campesiños, de estudantes universitarios e de secundaria. Para contestar aos problemas opresivos de hoxe, e ao mesmo tempo, a través da súa propia loita, axudar a madurar a súa conciencia. Entender que todos os problemas da vida da mocidade hoxe en día non son produtos da conxuntura onde vivimos, senón son froitos do sistema da explotación capitalista: o desemprego, a drogadicción, os obstáculos clasistas na educación, etc. Desde a súa propia participación, a mocidade pode darse conta da necesidade de derrubar ese sistema non para o progreso da humanidade, senón para resolver os seus propios problemas. Porque por fin, a resolución dos seus problemas levase a cabo coa construción doutro tipo de sociedade e economía, outro tipo de poder: a sociedade socialista-comunista e o poder obreiro-popular. é o futuro para a mocidade de hoxe.
TR: Os medios de comunicación burgueses buscando demostrar o suposto potencial da economía española, crearon o lemaEspaña non é Grecia, actualmente e despois do rescate da troika o certo é que se parece bastante, cunha diferenza fundamental e é que as forzas da clase obreira están moito menos desenvolvidas Como se ve desde Grecia a situación que se vive actualmente en España? Que poderiades dicirlles aos camaradas do Estado Español que se desesperan pola escasa incidencia que o movemento comunista aínda ten entre as masas de traballadores en España?
YG: As incidencias en España e tamén en Italia confirman o que di o KKE en Grecia, que a causa dos problemas está nas políticas do capital, para que este supere a súa crise, e na estratexia da UE, que se aplica en todos os países, sexa con memorando ou non. De feito, esta estratexia é omemorando duradeiro contra os pobos. Ademais, o que está pasando en España expuxérono de forma importante aos oportunistas e o SYRIZA que, en Grecia enfocaban a súa crítica ao memorando, absolvendo á UE e falando dunha negociación mellor en favor dos pobos, deun aire de cambio que sopra en Europa, trala elección de Hollande en Francia. É característico que SYRIZA saúde as decisións do Cumio (28-29/6) e fale de negociadores potentes e de vencedores como Rajoy e Monti e que Grecia ten que facer con eles unha alianza do Sur. Escondendo que o goberno español e italiano, tralo cumio, declararon novas medidas aínda máis bárbaras contra os seus pobos.
Todas estas incidencias dan aos pobos unha experiencia preciosa que lles axudará a sacar conclusións e optar polo camiño da loita de clases. Fai falta, con todo, que se confronten polos Partidos e as Mocidades Comunistas as opinións velenosas de que o capitalismo é moi poderoso e que a única tentativa tense que facer para a súa humanización. Non habemos de esquecer que a nosa etapa é a etapa de pasar ao socialismo. E iso é unha determinación, malia a correlación de forzas negativa. Tampouco o noso inimigo esquécese diso, porque sabe que os impases do capitalismo crecerán e alimentarán loitas que poidan discutir a súa dominación. Por iso toma medidas de manipulación dos pobos e ataca fortemente as ideas comunistas. Se a loita polo socialismo fóra en balde, tal como din, entón de que serve a tensión do anticomunismo, sobre todo cara ás idades máis novas, algo que vivides tamén en España coas persecucións de mozos comunistas?
Fai falta optimismo revolucionario e unha organización forte con resistencia e capacidade en todas as condicións. En condicións nas que o traballo diario non se acompaña por resultados impresionantes e tamén en condicións que o percorrido das incidencias e as curvas da loita de clases levarán á orde do día a loita polo poder tamén.
TR: Moitas grazas pola información, camaradas. Desexamos que esta breve entrevista sirva aos mozos comunistas do Estado Español, así como a todas as persoas interesadas, para coñecer mellor e de primeira man a loita heroica do Partido Comunista de Grecia e a súa mocidade en defensa da clase traballadora, un tema que polo menos aquí levanta moito interese e do que, polo xeral, pouco se sabe.
YG: Agradecémoslles a oportunidade que nos deron para falar coa mocidade española e describir a realidade de Grecia. Entendemos que a situación para as capas populares e os traballadores en España empeora cada día que pasa, porque o goberno do voso país segue o camiño que abriu o goberno grego coa colaboración da Troika. Estendemos a través dos Colectivos de Mozos Comunistas a nosa solidariedade e apoio clasista e revolucionario a todos e todas os mozos que están en contra as medidas antipopulares e os recortes dos dereitos que promove o goberno alí. Agora é a hora de multiplicar os nosos esforzos, de aglutinar a mocidade á beira da clase obreira e os seus aliados, contra o sistema de explotación porque sabemos quea hora máis escura da noite é sempre antes do amencer.