Continúan as mobilizacións unitarias: "Non ao saqueo do pobo. Hai que evitar que nos arruinen"


 O venres 24 de Agosto, as distintas centrais sindicais, baixo o lema "Non ao saqueo do pobo. Hai que evitar que nos arruinen", convocan concentracións unitarias nas distintas comarcas concidindo cos Consello de Ministros nos que se perpetran novas medidas que inciden en máis recortes sociais e laborais, e abren as portas a novas privatizacións ou afondan no desmantelamento e deterioro dos servizos públicos.

 Concentracións confirmadas:
Localidade Hora Lugar
Vigo 11:00 h Edificio Administrativo da Xunta
Pontevedra 11:00 h Subdelegación do Goberno
Compostela 12:00 h Praza de Galiza
A Coruña 12:00 h Delegación do Goberno (Praza de Ourense)
Ferrol 12:30 h Edificio Administrativo da Xunta
Ourense 11:00 h Subdelegación do Goberno