Tentativa de rachar a Folga Xeral Indefinida da industria do aceiro grega.

TENTATIVAS DE RACHAR A FOLGA XERAL DE 9 MESES DOS TRABALLADORES DA ACEIRÍA USANDO A POLICÍA ANTIDISTURBIOS.

Desde cedo, esta a mañá, a policía antidisturbios baixo as instrucións do goberno tripartito (ND neoliberais, PASOK e DHMAR socialdemocratas) tentaron rachar a loita heroica dos traballadores da aceiría, ao deter os grupos de salvagarda, que estiveron en folga desde fai 9 meses.

O Secretariado Executivo da PAME, respostou inmediatamente chamando aos traballadores, ás traballadoras e aos sindicatos da zona a que foran inmediatamente á fábrica de HALIVOURGIA. En moi pouco tempo, nas portas de HALIVOURGIA reuníronse centos de traballadores de Atenas para apoiar aos folguistas do aceiro. A mobilización de solidariedade aínda está en marcha.

A Xunta Directiva do sindicato dos traballadores da aceiría reuniuse inmediatamente e fixo un chamado para unha manifestación de solidariedade ás portas da fábrica pola tarde. Mañá, Sábado, realizarase a Asemblea Xeral dos traballadores co fin de decidir como respostará a este novo ataque.

Chamamos a todos os sindicatos e obreiros a condenar a política antiobreira e terrorista do goberno grego que resposta con violencia e represión ás xustas demandas dos traballadores. A loita dos traballadores da aceiría en contra dos recortes salariais e dos despedimentos é a loita de todos os traballadores.

[Comunicado de prensa da PAME, Fronte Militante de Todos os Traballadores]