Breve crónica dos actos do 59 aniversario do Asalto ao Cuartel da Moncada, en Compostela.


O pasado 21 de xullo, a Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" e o Consulado de Cuba celebraron no local da Asociación de Veciños do Castiñeiriño en Santiago de Compostela, nun acto político-cultural, o 59 aniversario do Asalto ao Cuartel Moncada, contando cunha numerosa representación de cubanos residentes en Galicia.
O acto (presentado polo Presidente da Asociación, Valentín Alvite) constou de tres partes:
Unha primeira que consistiu na despedida ós compañeiros Dick Hernández e Odalys Pérez, que rematan este mes a súa misión no Consulado. No transcorrer da mesma, a Asociación fíxolles entrega dunha reprodución de "O Faro da Illa de Ons", talla da cerámica Sargadelos.
Na segunda parte do acto, o Cónsul Xeral Alejandro Fuentes dirixiuse aos presentes evocando momentos transcendentais do 26 de xullo do 53, pedindo o levantamento do bloqueo e fin da posición común europea, así como a liberación dos cubanos presos inxustamente nos cárceres norteamericanos.
O remate do acto foi a parte lúdica, coa cantante cubana Anay Martín Mendoza e unha selección da música cubana máis significativa.

 

 

[Fotos de FORXA!]