Primeiras declaracións do KKE ao coñecer o resultado das eleccións

[17.06.2012] Os resultados das eleccións en Grecia do 17 de xuño son os seguintes:

Partido Comunista de Grecia 4,5%, Nova Democracia-ND (Partido liberal) 29,6%, SYRIZA (alianza de forzas oportunistas e forzas do PASOK) 26,9%, PASOK (socialdemócratas) 12,3%, Gregos Independentes (escisión da ND) 7,55 %, Amencer Dourado (partido racista nacionalista) 6,9% e Esquerda Democrática (escisión de SYRIZA e fusión con algunhas forzas do PASOK) 6,3%, LAOS (antiga escisión da ND, partido nacionalista) 1,6%.

En base a estes resultados, o KKE acadou 12 escanos.

Primeira declaración da Secretaria Xeral do CC do KKE, Aleka Papariga, inmediatamente despois de coñecer os resultados das eleccións do 17 de xuño 2012.

"O resultado das eleccións é negativo para o pobo que ten sufrido moito a gran crise económica e as medidas que se teñen adoptado, memorandos, contrato de préstamo, leis de aplicación.

O pobo enfrontará graves problemas e acontecementos, e calquera goberno que se forme non cumprirá as súas expectativas, en realidade será todo o contrario.


A nosa avaliación sobre o carácter negativo do resultado electoral basease nos seguintes elementos:


Primeiro: O incremento do ND, que é un partido coñecido polo seu carácter anti-obreiro, anti-popular, que non cambia. O peor para o pobo aínda non pasou, como pretende afirmar o Sr. Samaras, aínda está por chegar. E o goberno que parece que se formará, con ND e o seu núcleo, non resolverá ningún dos problemas do pobo. Polo contrario, complicaranse os problemas.

Segundo punto: O aumento de SYRIZA nas segundas eleccións en comparación co aumento significativo obtido na campaña electoral de maio. Desta volta SYRIZA recibiu un gran número de votos e unha porcentaxe alta, mais ten suavizado en gran medida as súas consignas sobre o memorando, a condición de préstamo, as leis de aplicación, coa posición moi clara de que a súa política no goberno moverase dentro do marco da “vía de sentido único da UE”. Garantiu á clase dominante e a potencias estranxeiras que Grecia se manterá no euro a toda costa. E nese sentido, consideramos que o seu respaldo é un elemento negativo, dado o feito de que mudaron as súas posicións, independentemente de que xa non pensabamos que fosen poñer en práctica o que sostiñan o 6 de maio.

Terceiro elemento negativo: As grandes perdas que, sen dúbida, tivo o KKE serán de maior importancia en canto á disposición do pobo a intervir na luz da intensificación dos problemas causados pola crise en Grecia e, sobre todo, na profundación da crise da eurozona. Confirmase o que vimos dicindo desde o 7 de maio de que sería a batalla electoral máis complexa e difícil para o Partido Comunista dos últimos 40 anos. Sabiamos que os inmensos obstáculos que o partido tiña por diante eran moito máis grandes, en comparación, cos que pasamos ata o 6 de maio, é dicir os dilemas dos novos dous polos, ND e SYRIZA. Ambos loitaban, á súa maneira, por un bo resultado nas eleccións: un empregando a intimidación e o outro a través de ilusións. Por suposto, este resultado electoral debe ser avaliado por todo o Partido, pola KNE, polos amigos e simpatizantes, como se fai en todas as eleccións, con fin de chegar a conclusións máis exhaustivas e substanciais.

Cuarto elemento negativo: Os votos electorais e a porcentaxe de "Golden Dawn". A pesar do feito de que logo do 6 de maio houbo unha proba máis do seu carácter fascista e intimidatorio (”matón”).

O Partido Comunista optou por dicirlle á xente a verdade sobre a natureza da crise e os acontecementos que resultan negativos na zona do euro, a natureza da Unión Europea, a necesidade de que a cancelación unilateral da débeda, a necesidade da loita polo poder obreiro-popular. Nós dixemos esas cousas moi conscientemente.

A participación do KKE nun goberno para xestión da crise nunha fase crítica, cando o que se require é unha liña de ruptura e de contraataque, tarde ou cedo, conlevaría unha gran derrota do movemento, xa que a participación do KKE nun goberno pouco fiábel, con dúas caras, unha para asuntos internos e outra para asuntos exteriores, podería ser utilizado como unha coartada para o compromiso do pobo e a aliñación da política do goberno cos intereses dos monopolios.

Saudamos aos membros do Partido e a mocidade comunista (KNE), amigos e simpatizantes que deron esta dura batalla, a todos aqueles que se resistiron á presión e votaron polo KKE. Declaramos que o Partido Comunista (KKE) permanecerá en pé a pesar da redución dos seus escanos no parlamento, continuará coa súa forte actividade no movemento e apoiará e reforzará todos os puntos de partida para a loita e a esperanza.

O certo é que o pobo lembrará os asuntos que temos formulado nas dúas batallas electorais, predicións, advertencias acerca da evolución da zona euro, a posíbel implicación de Grecia nunha guerra, especialmente logo das eleccións en Estados Unidos. Ademais, consideramos que aqueles que non votaron polo partido, aínda que aprecian as súas posicións e o seu papel, darán boa conta das consecuencias de cara a posibilidade dun goberno antimemorando de coalición.

Asegurámoslles que imos manter todo o que dixemos ao pobo nas eleccións. Imos estar á vangarda de cada loita, imos apoiar toda iniciativa de loita polos graves problemas inmediatos, imos preparar, na medida que dependa de nós, ao pobo para facer fronte ás novas tormentas que están por chegar. Esperamos que o retroceso de orientación radical, que se produciu sobre todo na segunda batalla electoral, non dure moito tempo, porque obxectivamente non pode haber anos de crédito, e os acontecementos negativos executaranse a alta velocidade.

O KKE considera que a base para o contraataque popular deben ser os centros de traballo, sectores e barrios. E, sobre todo, o que ten máis importancia é o reagrupamento do movemento obreiro e popular, a alianza social, alianza político-social que loite polos problemas inmediatos e urxentes, que reunirá forzas para o derrocamento radical que se precisa".



[Texto tirado de: 
e traducido ao galego por FORXA!]