Un “goberno de esquerdas” é un “salvavidas furado” para o pobo que está sufrindo.


Alexis Tsipras, líder de SYRIZA, que recibiu onte (8 de maio) o mandato exploratorio polo Presidente da República para formar un goberno e comezou os contactos cos líderes dos partidos, recorre a manobras de táctica e trata de causar unha gran impresión.

O líder de SYRIZA púxose en contacto co SX do CC do KKE, Aleka Papariga, por teléfono e pediu unha reunión no marco dos seus contactos cos líderes dos partidos con respecto á formación dun goberno. Aleka Papariga contestou que non hai tema de discusión para devandita reunión.


Nas súas declaracións, Alexis Tsipras reiterou a súa proposta dun “goberno de esquerdas”, co obxectivo de “redistribuír a carga fiscal, confrontar o problema fiscal en termos de xustiza social, a reestruturación produtiva e a planificación ecolóxica do desenvolvemento”.



As condicións mínimas que fixou SYN/SYRIZA para a cooperación, son os seguintes:

“A necesidade da cancelación inmediata da aplicación das medidas que prevé o Memorando e sobre todo das leis vergoñosas que reducen aínda máis os salarios e as pensións.


A cancelación das leis que suprimen os dereitos laborais básicos e en particular a lei que establece que o día 15 de maio se abolirá a prolongación dos convenios colectivos e cesarán.


A promoción de cambios inmediatos no sistema político para profundar  na democracia e na xustiza social, en primeiro lugar cambiando a lei electoral, mediante a representación proporcional, así como a abolición da lei con respecto á responsabilidade dos ministros.


O control público do sistema bancario que hoxe en día, aínda que recibiu uns 200 mil millóns en efectivo e garantías dos fondos estatais, aínda está en mans dos executivos que o levaron á quebra. Esiximos que se publique inmediatamente o informe de Black Rock. Os bancos deben converterse en instrumentos para o desenvolvemento da economía e o fortalecemento das PYME.


A creación dunha Comisión de Auditoría para investigar a parte odiosa da débeda, unha moratoria da débeda e a procura dunha solución europea xusta e viable.


No seu comunicado a Oficina de Prensa do CC do KKE sobre as declaracións de Alexis Tsipras, sinala que:


“Hoxe, Alexis Tsipras coas súas declaracións utilizou o mandato que recibiu para asistir á súa próxima campaña electoral facendo propostas parciais que teñen o carácter dunha proclamación preelectoral dirixida aos máis desesperados, para enganalos e roubar votos.


A pesar do feito fundamental de que un goberno non ten que tratar soamente catro ou cincos asuntos, senón todo, Al. Tsipras pasou por alto esta realidade coma se non existise. O KKE destaca que:


Coas propostas de Alexis Tsipras non se cancelan nin o Memorando nin o convenio de préstamo. Con todo, presentou algunhas propostas como unha saída a favor do pobo ocultando a ofensiva antipopular xeneralizada dos monopolios e os seus partidos, os compromisos de todos os Estados-membros da UE, como é a “Estratexia Europa 2020”, políticas que se incorporaron no Memorando e no convenio de préstamo.


Segundo as propostas de Alexis Tsipras, os traballadores e traballadoras terán que pagar de novo gran parte da débeda da que non son responsábeis, mentres o que necesita o pobo é a cancelación da débeda. Ao mesmo tempo, estas propostas deixan aberta a porta ás privatizacións e ás mans dos capitalistas libres para impor as súas medidas antiobreiras (soldos de 400 euros, relacións laborais flexíbeis etc.) Deixan os cambios reaccionarios na Educación, a Saúde e o Benestar sen tocar.

As declaracións con respecto ao control público dos bancos en beneficio das pequenas e medianas empresas, son un esforzo consciente de engano, xa que os condenan a tomar novos préstamos en condicións do cerco asfixiante dos monopolios.

As proclamacións de Alexis Tsipras con respecto á “reconstrución produtiva con sensibilidade ecolóxica” están relacionadas coa mesma vía de desenvolvemento que levou á profunda crise e á quebra do pobo, mentres que ao mesmo tempo fan caso omiso da Política Agrícola Común e as súas consecuencias ao campesiñado pobre.


O silencio con respecto ás obrigacións dos tratados permanentes que levaron a cabo os gobernos gregos no marco da OTAN e os plans imperialistas de intervención no Mediterráneo Oriental, é moi característico da submisión de SYN/SYRIZA á clase dominante e os seus aliados internacionais. Tal goberno vai complicar e agudizar os problemas populares.


O pobo debe “divorciarse” de todos aqueles que o chaman a seguir no pesadelo da “vía de sentido único da UE”, tanto se levan a máscara en contra como a favor do memorando.

A loita será determinada en primeiro lugar en Grecia, non só na UE. O famoso “vento de cambio en Europa” que trae Hollande, non concirne aos pobos senón ao conflito dos monopolios de cada país polo dominio.



9/5/2012