Sobre os resultados das eleccións do 6 de maio de 2012

KKE: Na primeira liña das loitas de hoxe contra a nova tormenta antilaboral.

Os resultados das eleccións mostran unha inversión da escena política á que estabamos familiarizados, coa interrupción da rotación de dous partidos, o PASOK e ND. Estamos a entrar nunha fase de transición, onde se tentará crear un novo escenario político con novas formacións, novas figuras cunha orientación de centro-dereita ou baseadas nunha nova socialdemocracia que terá a SYRIZA [esquerda reformista, equivalente a EU] como o seu núcleo, destinada a impedir a crecente radicalización popular que leva as cousas cara a un verdadeiro cambio a favor do pobo. Haberá un intento de formar, ben a partires destas eleccións ou nas seguintes, un goberno de todos os partidos, ou un goberno de unidade nacional, ou un goberno de coalizón dirixido precisamente a previr a creación dunha corrente maioritaria que loite pola mudanza.

Dirixímonos aos membros do Partido, aos membros da KNE [Mocidades Comunistas], os amigos, os simpatizantes, os votantes, as persoas que colaboran co partido, a todos os que estiveron connosco na primeira liña do movemento e a batalla electoral e chamámolos a que estean os próximos días en primeira liña das loitas que encabezamos, os graves problemas que seguen vixentes, tales como os acordos de negociación colectiva, a protección dos desempregados, a quebra dos fondos de seguridade social, as novas medidas ao redor dos 11,5-14,5 millóns de euros que se pagan sacándoos dos petos do pobo. Non podemos perder tempo. O pobo non debe perder o tempo. 


Instamos en particular, aos votantes do PASOK e da ND, aos que pertencen á clase obreira e aos demais sectores populares a estar na primeira liña tamén, xunto connosco e outros compañeiros, nas loitas, nos centros do traballo, nas escolas e as universidades, nos barrios populares. Eles teñen que dar un novo impulso e un carácter masivo á loita. Facemos un chamado ao pobo a non deixarse enganar polo disfrace do sistema político que vai ter lugar os próximos días e os próximos meses. O resultado das eleccións, a pesar do feito que os votos foron esparexidos en ambas as direccións, á esquerda e á dereita, mostran obxectivamente unha tendencia positiva: que os cambios radicais están a madurar e madurarán na conciencia do pobo, madurará o movemento do derrocamento verdadeiro e este movemento non estará lonxe nin en oposición á proposta política do KKE en canto aos problemas inmediatos, para o poder obreiro popular. 

Consideramos significativo, positivo e ao mesmo tempo un grande legado para o período próximo o feito de que só nós enfrontamos ás forzas pro-europeas e a favor da UE independentemente das posicións que adoptaron en canto ao memorando [as condicións impostas a Grecia por UE, BCE e FMI], feito que contestamos promovendo a nosa proposta política alternativa que responde e satisfacer os intereses do pobo. Consideramos que esta proposta é unha herdanza importante para o pobo e que, por suposto, dará un novo impulso ás loitas populares. Cremos que a nosa responsabilidade e o noso papel ante o pobo e os seus problemas débese fortalecer, e consideramos, de feito estamos seguros, que imos seguir sendo a forza insustituíbel que defende os intereses populares. 

En canto ao resultado das eleccións do KKE: o Comité Central emitirá unha avaliación completa despois de estudar os resultados no seu conxunto e as tendencias do electorado en cada rexión para sacar conclusións máis completas. Neste momento, podemos dicir que o KKE literalmente pasou por obstáculos en ambos os lados. Por unha banda estaba a raiba, a protesta, a indignación que estaban absolutamente xustificadas, aínda que esta indignación non foi ben enfocada, e doutra banda as falsas ilusións. Como mostran até agora os resultados, o KKE tivo un pequeno aumento. Por suposto quixésemos lograr maior aumento. Con todo, teño que dicir que o Comité Central e o partido no conxunto, non tiñamos ilusións de que os votos do KKE poderían dispararse, debido a que o resultado do KKE nas eleccións depende sobre todo da formación non só dun movemento popular militante, mais dunha corrente maioritaria que se emancipará dos dilemas coñecidos e das ilusións rexeneradas. 

O KKE ten comunicado con suficiente antelación, antes das eleccións e sen dúbidas, a súa posición en canto á postura que manterá fronte a calquera goberno que xurdirá das eleccións, xa sexa un goberno de centrodereita, de centroesquerda, ou de esquerdas como foi lanzado, xa sexa un goberno de unidade nacional ou universal, como se está discutindo neste momento. 

Queremos deixalo ben claro: por suposto estamos seguros de que nin a ND nin o PASOK nos farán unha proposta de cooperación. Son conscientes das profundas diferenzas entre nós, pero queremos responder unha vez máis á proposta que reiterou SYRIZA despois das eleccións en relación cun goberno de esquerdas. Imos dar unha resposta clara sen mencionar o que todos podemos ver, é dicir que os votos e os escanos non son suficientes. Talvez SYRIZA pensa que son suficientes, que os votos van ser suficientes dado que tratará de obter o apoio e os votos dalgúns deputados de todos os demais partidos. Nós aclaramos a nosa posición: insistimos na non cooperación porque nós á fin e ao cabo non chegamos a esta posición en base ás nosas expectativas baixas ou altas con respecto aos resultados das eleccións. 

Decatámonos de que o presidente de SYRIZA vai pedir unha reunión e que desexa realizar conversacións privadas sobre o programa do goberno de coalición. Loxicamente, o que fixo unha proposta dun goberno de coalición, debería dicir en detalle antes das eleccións o que van facer en xuño, en xullo, sobre asuntos concretos, non con consignas xerais e denuncias xerais do memorando. Ou polo menos agora debería estar listo. Que quere exactamente? Só ouvimos falar duns beneficios que se poden garantir, este tipo de cousas. 

Con todo, un goberno independentemente da súa composición debe facer fronte a todo o espectro de problemas. En primeiro lugar, non debe limitarse a denunciar o memorando senón devolver ao pobo as conquistas que foron abolidas antes do memorando, xa que a maioría das conquistas perdéronse antes disto, e por suposto un gran número de conquistas abolidas despois do memorando. Un goberno ten que manexalo todo, non soamente as prestacións por desemprego, como foi mencionado. Ten que xestionar problemas da economía, a postura dos grupos empresariais cara os traballadores, a lista das privatizacións aprobadas nos anos anteriores. Ten que manexar os asuntos da política exterior, tales como os compromisos xerais que xorden da UE, da OTAN, da alianza estratéxica os EEUU. Non hai goberno que rache os acordos, que abstraia a política e só promova o paquete de medidas do día seguinte. 

Para chegar a un acordo con tal goberno, o KKE debería facer non soamente un pequeno retroceso, un pequeno xiro; debería facer un xiro radical; unha viravolta no aire. E o peor é que tería que facer concesións inaceptables que non teñen nada que ver cos intereses do pobo. Talvez o pobo non está interesado na pureza ideolóxica dun ou outro partido. Pero interésalle que un partido que durante todos estes anos, desde a súa fundación, estivo na vangarda da loita, non abandone esta posición co fin de lograr uns ministerios. O pobo non necesita este tipo de KKE.



Atenas 06/05/2012

Oficina de prensa do CC do KKE.