O KKE é a espiña que teñen cravada os burgueses e os oportunistas.


Os medios de comunicación internacionais aínda seguen de cerca o resultado e os acontecementos tras as eleccións do 6 de maio.

Entre o moito que temos lido os últimos días, cabe salientar o artigo da correspondente do xornal alemán de esquerda “Junge Welt” en Atenas, que por unha banda eloxia os resultados electorais de SYRIZA, que é unha coalición de forzas oportunistas e forzas que se retiraron do partido socialdemócrata que estaba no goberno, PASOK, e por outra banda refírese ao resultado do KKE de modo hostil e miserábel dicindo, entre outras cousas,  que “foi votado soamente polos seus votantes tradicionais”.


Deste xeito, a correspondente de devandito xornal oculta o feito de que a pesar da presión política polas forzas do oportunismo, o KKE non só non renunciou ao seu programa e principios e non tivo un retroceso electoral, senón que aumentou lixeiramente a súa porcentaxe e número de votos.


Máis en concreto, o KKE acumulou a maior porcentaxe electoral dos últimos case 30 anos (logo de 1985), en concreto o 8,5%, 1% máis que en 2009, superando de novo o medio millón de votos (536.072) cun aumento de 19 mil votos e gañou 5 escanos máis (26 aos 300 do parlamento grego). En moitos barrios obreiros e populares o KKE obtivo o dobre da súa porcentaxe nacional, mentres que por primeira vez nunha circunscrición (Samos-Ikaria) o KKE foi a primeira forza política co 24,7% dos votos.


A correspondente do xornal alemán ignorou que miles de traballadores e traballadoras apreciaron a combatividade, a coherencia e a verdade clarísima das posicións do KKE, o espírito de loita e a abnegación das e dos comunistas, que o apoiaron nas eleccións.


Nas eleccións do 6 de maio, o KKE presentou a súa proposta política de loita polo poder obreiro e popular. No período próximo, esta proposta estará obxectivamente no centro da atención, xa que se fai cada vez máis clara a diferenza do goberno e do poder popular verdadeiro, así como a proposta global para os problemas inmediatos da supervivencia dos pobos e para o poder obreiro e popular. Desde este punto de vista, esta actividade electoral política do KKE, en harmonía coa súa estratexia como cómpre, constitúe un legado importante para os próximos anos.