Mobilizacións en Ferrol ante o despedimento dun traballador por exercer o dereito á folga

Desde fai uns días véñense sucedendo mobilizacións en Ferrol polo despedimento dun traballador da empresa Mercadona, e máis concretamente do Mercadona da Gándara. Este traballador foi despedido por secundar a folga do pasado 29 de marzo. As mobilizacións convocaas CCOO e súmanse os sindicatos de clase CIG, UGT, CNT e USTG, así como moitos traballadores e traballadoras a título individual amosando así que a Unidade de Clase é o camiño a seguir e ademais, agora, é máis necesaria ca nunca.

Deixámosvos un anaco do comunicado de CCOO repecto a este despedimento: "O noso compañeiro Alberto, foi supostamente despedido por exercer o dereito a folga, un dereito constitucional ademais de unha necesidade para loitar por un mundo mais xusto, este goberno acabou con o "dereito laboral", cando imos a Mercadona a esixir a súa readmisión, tamén estamos mandando unha mensaxe clara a tod@s @s empresari@s da nosa comarca, HOXE EN MERCADONA....MAÑA ONDE FAGA FALTA!."





Imaxes de Forxa!

Galerías fotográficas de Susete70: