Gran mitin do KKE en Atenas.


“Non queremos un goberno para a plutocracia, loitamos e votamos por outro poder”.

Miles de traballadores, empregados, mocidade, mulleres, familias das clases populares participaron con determinación e combatividade na concentración do KKE no Pedion Areos onde interveu a Secretaria Xeral do CC do KKE, Aleka Papariga. Miles de persoas enviaron onte unha mensaxe, xunto co chamado do Partido ao pobo a multiplicar a súa forza, tanto no caso de novas eleccións como nas loitas nos centros de traballo, os barrios, as universidades e as escolas: “A esperanza está aquí. Un KKE forte”.

A Secretaria Xeral do CC do KKE, Aleka Papariga, sinalou entre outros:


Debemos estar preparados para loitar contra calquera goberno que se poida formar agora (…) Queren formar un goberno para promover as medidas previstas; van quitar 11,5-13,5 mil millóns de euros dos petos e dos dereitos dos traballadores e traballadoras. (…)


Queren asegurarse de que en Grecia continuará a política da “vía de sentido único da UE”, a política que pon a carga ao pobo e achanda o camiño para a recuperación da rendibilidade do capital. O proceso dos mandatos é aínda máis revelador do papel que xogará SYRIZA na restauración do sistema político, para deter a corrente do radicalismo, e, en fin, desarmar o movemento. (…)



Aínda que SYRIZA declarou que non ten ningunha intención de cooperar coa ND e o PASOK, cuxa política perdeu a súa lexitimidade, con todo, tomou o mandato e fixo unha proposta de cooperación a todos os partidos, menos a Amencer Dourado. Logo de cada reunión, en particular coa ND e o PASOK, subliñaba que non ía cooperar con eles, aínda que o apoiasen en principio, porque quere formar un goberno de esquerda, a pesar de que non ten suficientes escanos. (…)


O comunicado da Federación Helénica de Empresarios sobre un goberno de coalición anti-memorandum coa participación de SYRIZA podería axudar á renegociación que tamén queren os gobernos dos estados-membros e os grupos empresariais Arial Narrowe que están en crise, nin é accidental, nin é unha provocación.


O lema dun goberno da ND ou da centrodereita ou da ND co PASOK por unha banda e por outra banda SYRIZA con algunhas colaboracións, é o novo dilema enganoso que se expón ante o pobo que necesita unha política de ruptura e conflito e non de renegociación.

Cambien o seu voto!


A ND e o PASOK xa os coñecemos, non cambiarán, por moitos disfraces que leven. Non confíen en SYRIZA; engana con solucións fáciles e supostos ases que ten na manga. Quere estar á vez co ladrón e co xendarme, coa UE e co pobo. Xa suavizou as súas posicións. No novo período preelectoral repetirá consignas fortes e brillantes e volverá esquecelas se forma un goberno. Entón transformarase nun cordeiro en relación coa UE e a OTAN. (…)


Imos contra a corrente das falsas esperanzas. Imos ser xustificados moito máis rápido, unha vez máis. A ira do pobo non debe converterse en desilusión. O pobo non necesita nin os memorandos actuais, nin outros memorandos modificados. (…)


Non existen solucións indoloras. O camiño da ruptura, do conflito, require sacrificios pero estes sacrificios conducirán á prosperidade do pobo. O camiño do compromiso que propoñen as demais forzas require unha infinidade de sacrificios graves e innecesarios, sen unha perspectiva positiva para o pobo. (…)


O único goberno que pode estar á altura das circunstancias da crise e das necesidades populares é o goberno que procederá á cancelación unilateral da débeda, á denuncia e ao derrocamento do Memorando e do Contrato de Préstamo, que librará Grecia da UE e converterá ao pobo no único xefe da riqueza que produciu e que existe en Grecia. Ningún outro partido nin quere nin proclama, verbalmente ou como consignas, estas condicións previas. (…) A súa meta é reducir a forza do KKE. Distorsionan as posicións e os obxectivos de loita do KKE.


O ataque contra o KKE levase a cabo porque se nega a participar nun goberno de xestión da crise, a expensas do pobo e das capacidades de produción e o desenvolvemento do país.


O KKE ten a responsabilidade histórica de non se converter nunha coartada comunista para un goberno que ata antes de formarse é seguro que non mellorará o nivel de vida do pobo e non lle vai quitar a carga da austeridade e do desemprego. A responsabilidade histórica do KKE álzase contra a irresponsabilidade histórica de SYRIZA.


Os mozos e en xeral os traballadores e as traballadoras que están sufrindo, deben corrixir o voto que lle deron ao “Amencer Dourado” no suposto de que seguramente non estean de acordo cos seus puntos de vista nazis.


Se se celebran novas eleccións, cambien o seu voto. Fortalezan o KKE para facer crecer a loita popular, a alianza popular, para que a loita polo derrocamento sexa exitosa.




14.05.2012