Con esta “esquerda radical” os capitalistas poden durmir tranquilos.


[Sobre a carta do líder de SYRIZA dirixida a Barroso, Rompuy & Draghi e demáis dirixentes da UE  para ofrecer a súa axuda no rescate de Grecia e Europa.]

Alexis Tsipras é a nova “tos ferina” dos medios franceses e europeos. Estraña comenencia  por parte dos medios informativos ao servizo da ideoloxía dominante para con un líder que se pretende da "esquerda radical".
É preciso dicir que as declaracións e propostas do líder do SYRIZA non son para inquietar nin á clase dominante grega nin á europea.
Máis alá de viraxes tácticas e de posicións cambiantes no recoñecemento das oportunidades políticas, o SYRIZA e o seu líder permanecen firmes sobre certos principios: a reforma do sistema capitalista e a defensa da Unión Europea.

Sen intentar enumerar a lista de propostas oportunistas de Tsipras ao longo destes últimos anos –un único artigo non sería suficiente– se se limita ás últimas semanas, é edificante constatar a compatibilidade desta “esquerda radical” co sistema dominante a teor das propostas de “goberno de esquerda” lanzadas ao KKE:
UN GOBERNO DE ESQUERDA NOS INTERESES DO CAPITAL GREGO E EUROPEO
Un “goberno de esquerda” colaborando co gran capital:
“Un goberno de esquerda necesita dos industriais e dos investidores. Ten necesidade dun ambiente económico saudábel. Ten necesidade de leis meritocráticas (...). Os investimentos poden ser positivos nun cadro meritocrático, con leis neste sentido, e non nun cadro gangrenado pola corrupción e as maquinacións”. (Tsipras, Alexis, na canle de TV pública NET, 05/maio/2012)
Un goberno de esquerda ampliado...ata á dereita:
Se temos necesidade de cinco votos da parte do Sr. Kammenos (presidente dunha nova formación neoliberal de dereitas, os Gregos Independentes) e se veñen cara a nós e nos dan un sinal de apertura e de apoio, nós non os rexeitaremos; non lles diremos que non o queremos”. (Tsipras, Alexis, na canle TVXS, 25/Abril/2012)
Un “goberno de esquerda” para salvar a Europa do capital:
“Só a esquerda europea pode garantir unha Unión Europea baseada na cohesión social”. (Tsipras, Alexis, no xornal TA NEA, 02/Maio/2012)
CANDO O LÍDER DA “ESQUERDA RADICAL” PROPÓN OS SEUS SERVIZOS AOS DIRIXENTES DA UNIÓN EUROPEA PARA SALVAR A EUROPA!
Alexis Tsipras foi mais alá das declaracións de principio en canto ao apoio á Unión Europea. Nunha carta dirixida persoalmente a Xosé Manuel Barroso (en grego no sitio web de Synapsismos), a Herman van Rompuy e a Mario Draghi, revela a súa verdadeira misión: a de participar no salvamento da Unión Europea.
De feito, esta carta de queixas transfórmase rapidamente nunha proposta de colaboración dirixida ás altas instancias da Unión Europea.
Comeza por constatar: o rexeitamento do Memorando, dos partidos que o defenderan nas eleccións de 6 de maio. A seguir, subliña “o fracaso económico destas políticas, incapaces de tratar as desigualdades e desequilibrios estruturais da economía grega”.
Chega, entón, a ocasión de propoñer os servizos do SYRIZA, única formación que “notou as súas fraquezas inherentes á nosa economía”, unha economía que afundiu xa que a clase dirixente grega “ignorou as nosas recomendacións en termos de reformas estruturais”.
Ler entre liñas: con nós gobernando, a estabilidade da economía capitalista grega estaría asegurada.
Que receita económica propón o SYRIZA? Non se alude a ningunha medida concreta entre aquelas que o SYRIZA menciona diante do pobo grego (aumento dos salarios, das prestacións sociais, etc). Tsipras fala de inverter a “dinámica da austeridade e da recesión”
Cal é a perspectiva dende a que se pretende corrixir a austeridade da que é vítima o pobo grego?
En primeiro lugar, “Nunha perspectiva de restaurar a estabilidade social e económica do país”, dito doutra forma, restaurar o sistema capitalista en Grecia.
En segundo lugar, nunha perspectiva de restauración da estabilidade económica e social a escala europea. Trátase "de repensar toda a estratexia que se leva a cabo actualmente, pois ameaza non só a cohesión e a estabilidade de Grecia senón tamén é fonte de inestabilidade para a Unión Europea e a propia zona euro”.
Tsipras acaba cunha vibrante chamada á colaboración de todas as forzas para salvar Europa, e á concentración de decisións a nivel  europeo:
“O futuro común dos pobos de Europa está ameazado por estes escollos desastrosos. Temos a profunda convicción de que a crise económica é de natureza europea e que a solución non pode ser atopada a non ser a nivel europeo”.
A habilidade dos medios dominantes, tanto en Grecia como en Francia e outros lugares, consiste en facer pasar ó capital por un servidor ciumento da Unión Europea, o novo personaxe dunha social-democracia de substitución, como o xefe da oposición de esquerda ao consenso liberal e europeísta dominante.
Con tal oposición oficial, a clase dominante europea pode continuar a súa política de super-austeridade ó mesmo tempo que evita a alternativa política a este sistema económico predador que é o capitalismo e a esta construción política anti-democrática que é a Unión Europea

Artigo tirado de: /solidarite-internationale