Chamamento de sindicatos de clase á unidade e ao internacionalismo.


Chamamento aos sindicatos e os sindicalistas de Europa.

Estamos nunha encrucillada. O carácter xeneralizado e global da crise capitalista, os acontecementos en Grecia, en Portugal, en Irlanda, así coma en todos os países de Europa fan necesario escoitar con máis forza que nunca a consigna: Proletarios de todos os países, unídevos! Novas responsabilidades asume o movemento popular obreiro no próximo período fronte ás evolucións en UE.


A crise capitalista profúndase e os puntos sen saída da administración do persoal político do capital, levan aínda máis intensidade no ataque á clase obreira e ó seu movemento. Agrávanse as competencias interimperialistas entre os gobernos e partes da plutocracia. As novas olas de ataques, os novos recortes salariais, os novos recortes aos dereitos e aos subsidios sociais para o pobo, en nome  da redución do déficit público e as débedas, o seu obxectivo é asegurar man de obra barata e novos espazos de acción para os monopolios europeos. Isto confírmano as medidas case impostas en todos os países de UE, medidas que son extremadamente violentas en países onde as Troikas do FMI, o BCE e a UE impoñen memorandos, que son en realidade ferramentas contra a soberanía nacional. A UE, o FMI e o BCE, a Troika, xunto coa burguesía dos estados e o seu persoal político, eliminan dereitos laborais e de seguridade social e as ofertas sociais para os traballadores e golpean os dereitos de soberanía. Isto confírmao o «Pacto do euro».


A través da experiencia da clase obreira e as capas populares móstrase o papel da U.E., como unha alianza de lobos e de opresores da clase obreira e dos pobos. Derrúbanse os mitos de que a UE é supostamente “unha unión de solidariedade e refuxio para os pobos” como afirmaba a plutocracia e os seus defensores. A crise capitalista na eurozona faise aínda máis profunda. A UE vólvese cada vez máis reaccionaria e os traballadores vivirán en condicións de pobreza extrema se non se erguen. Aprendemos, da nosa experiencia e realidade actual, que temos que rexeitar as mentiras da plutocracia e das súas axencias, que din que a crise a xeraron os dereitos dos traballadores ou a mala administración. A crise non é unha crise de débeda. Cal é a causa da crise é unha cuestión crucial. Porque a saída depende da causa. Din que a culpa é a mala administración, os escándalos, o sistema financeiro global, os especuladores, os golden boys, etc. Os liberais, os socialdemócratas e os oportunistas tratan de confundir aos traballadores. A crise non é un produto da distorsión do desenvolvemento capitalista como intentan presentar os imperialistas, os partidos burgueses e algunhas direccións sindicais, senón que é un produto do desenvolvemento capitalista, é outra crise do capitalismo máis. A crise é unha crise do capitalismo e xerouna a explotación da forza obreira, os inmensos beneficios do gran capital e a súa acumulación. O capitalismo é un sistema podrecido e obsoleto. Non se corrixe. Mentres exista, sempre levará á clase obreira e ás capas populares ao desemprego, á fame, a guerra, á explotación e á opresión brutal.


Estamos afrontando un ataque xeneralizado que leva a nosa vida e as condicións laborais ao século pasado.


Pero non afecta só á clase obreira dalgúns países. Esta tempestade de medidas antipopulares é promovida en todo o mundo pola U.E., o FMI, o BCE, os gobernos neoliberais e socialdemócratas, as súas grandes coalicións e as variantes de centro-dereita e centro-esquerda (Alemaña, Italia, Grecia). Tales gobernos, que serven ás necesidades actuais do capital, contan nalgúns casos co apoio dos nacionalistas (por exemplo, Grecia).


A vida, a experiencia, amosan claramente que no marco da UE e do poder dos monopolios non existe solución a favor do pobo. Requírese o derrocamento do poder dos monopolios e a liberación dos Organismos Imperialistas. A grande responsabilidade do empeoramento da vida da clase obreira en Europa, nesta situación, téñena os dirixentes pactistas da CES (Confederación de Sindicatos Europeos). A culpa que teñen estas forzas é grandísima, porque teñen desarmado o movemento obreiro a través da política da reconciliación, da cooperación de clases, da submisión á patronal e aos organismos imperialistas. Os dirixentes pactistas a través do ¨diálogo social¨, apoian a liña da competitividade capitalista, enganan e desorientan a loita dos obreiros. Estes dirixentes pactistas moitas veces apoian e asinan as reducións salariais en nome da crise, están de acordo coa liña que di: non importa se se despiden algúns traballadores para que se salve o resto. Son os mesmos que din ¨SI¨ á flexibilidade das relacións laborais, á regulación do tempo laboral, todo en nome da retención do desemprego. Cultivan o derrotismo. A estratexia que serve aos intereses do capital crea decepción, inflúe negativamente no movemento sindical, desorienta e desactiva os sindicatos. Só dentro da agrupación e da loita incompatíbel do movemento sindical de clase en Europa e no Mundo pódese reconstruír a esperanza. O fortalecemento do movemento sindical de clase de Europa fortalecerá a resistencia fronte ao capital e ás políticas antipopulares, fortalecerá a loita polo dereito ao traballo, polos dereitos sociais, edificará a base para o desenvolvemento pola satisfacción das necesidades da clase obreira e as capas populares.


A necesidade, hoxe, fronte a esta alianza antipopular do capital, é que se esperten as forzas obreiras e populares, a loita organizada inmediata en cada lugar de traballo, en cada sector, en cada barrio popular. Máis que nunca fai falta a coordinación e a guía da clase obreira e o movemento clasista a nivel nacional e internacional, formas de loita  máis elevadas pola vitoria e polo derrocamento dos defensores do capital. A consigna ¨ORGANIZACIÓN – CONTRAATAQUE¨, hoxe en día, é oportuna e necesaria e debe converterse en práctica.


Os pobos non se renden! Erguémosnos!


O que é necesario hoxe é o ascenso da loita clasista para obstaculizar as peores medidas que veñen, para deter as novas opcións e preparar ao movemento obreiro para o contraataque que debe ser dirixido ao derrocamento do poder dos monopolios.


Os sindicatos deben ser centros de loita que deben conformar movementos de resistencia masiva para obstaculizar a dotación  de medidas antipopulares.


Que se fortaleza a organización nos lugares de traballo. Crear máis núcleos no movemento de clase e nos sindicatos será un gran aporte, coa creación de comisións nas empresas, nas fábricas, nos barrios.


Intensificar a discusión sobre que tipo de movemento necesitamos, que alianzas, que perspectiva. Para impedir, na medida que dependa de nós, a decepción que crean as dificultades da loita, necesitamos:

Un movemento fronte á patronal capitalista, as súas leis, o seu Estado.

Un movemento libre do sindicalismo gobernamental e patronal.

Un movemento que non loite só por unhas cantas melloras particulares, senón pola totalidade de necesidades da clase obreira, polo derrocamento e pola anulación das relacións explotadoras.

Un movemento organizado e ben arraigado nos centros de traballo, ante todo nos centros de produción, nas fábricas.

Un movemento que teña os seus cimentos sobre a alianza popular e construído polos traballadores, os autónomos e traballadores por conta propia, os comerciantes, os pequenos e medianos agricultores, os estudantes, as mulleres.

Un movemento internacionalista, que loite por un obxectivo común, nos diferentes países.

Un movemento con estas características poderá rexeitar con efectividade o ataque dos monopolios e dos seus representantes políticos, poderá xogar un papel protagonista na loita polo derrocamento do poder actual, polo establecemento do poder popular, que edificará as bases para a satisfacción das necesidades populares.

Loitamos, esiximos e tratamos a través da acción que se transformen as condicións necesarias para a satisfacción das necesidades da clase obreira.


É dicir, dentro dunha liña de loita que dea a oportunidade de organizar a resistencia, que conquiste novos dereitos, que desenvolva a acción común, que alíe a clase obreira cos campesiños, cos que traballan por conta propia, que coloque na axenda o tema dos cambios do poder e economía. Os cambios que liberen a clase traballadora do sistema de explotación e abran camiños a un desenvolvemento co criterio do benestar das forzas populares. A loita diaria está relacionada coa perspectiva da loita do movemento obreiro. Porque sen isto, quedámonos a “medio gas”. E isto é de gran importancia para o desenvolvemento da loita.


O noso obxectivo é axudar á clase obreira en Europa, que entenda que o noso futuro non é o capitalismo. 


Sobre a base do anterior, cremos que:


Hoxe, máis que onte, necesitamos a concentración de forzas para:


• Unha coordinación combativa sindicalista.

• Loitas clasistas comúns con obxectivos comúns.

• Que se fortaleza a solidariedade internacionalista da clase obreira en todos os países.


Asinan, polo momento:

PAME – Grecia

USB – Italia

PEO – Chipre

CGTP – Portugal