Cando a ira se encarreira a camiños de loita, sempre trae algo mellor: o KKE forte

O proceso fraudulento dos mandatos exploratorios para a formación dun goberno durou unha semana. Durante este proceso reproduciuse unha serie de dilemas enganosos e intimidantes, como por exemplo “dereita-esquerda”, “memorándum-antimemorándum”, “euro-dracma”,

“austeridade-desenvolvemento”. O domingo 13 de maio despois da conclusión do proceso dos mandatos exploratorios aos tres primeiros partidos  para a formación dun goberno, o Presidente da República  iniciou o proceso de encontros cos líderes políticos. Despois do encontro co presidente da República, a Secretaria Xeral do CC do KKE, Aleka Papariga, fixo a seguinte declaración:

“Calquera que sexa o goberno que xurda antes ou despois das eleccións –e na nosa opinión realizaranse eleccións- non vai cancelar nin o contrato de préstamo, nin o memorando, nin tampouco vai erradicar as súas consecuencias. Como xa dixen ao presidente da República, unha corrente sopra en Europa; pero, por agora, son  palabras baleiras. Calquera emenda que se faga non será para mellorar a vida dos pobos.


Nós, no próximo goberno, imos presentar un proxecto de lei que plantexará de xeito moi específico a cancelación, o derrocamento do contrato de préstamo e de memorando; isto obrigará aos demais partidos a tomar unha posición. En última instancia, unha decisión do Parlamento, maioritaria, se existe, sería moito máis importante que unhas cartas que se enviaron ou que pediron a alguén enviar, que de todos modos son controvertidas. Pódense interpretar de moitos xeitos, mentres que unha decisión, unha lei do parlamento grego, sería algo moi específico.

Estamos centrando a nosa atención na ira e na indignación xustificadas do pobo para que non se sustitúan por unha desilusión, falsas esperanzas e ilusións. A decepción, sen dúbida, levará ao pobo ao compromiso, ao retroceso e á derrota. Cando a ira se encarreira a camiños de loita, sempre trae algo mellor.

Por último, consideramos que a situación actual, que non pode cambiar radicalmente de inmediato –pero que no futuro definitivamente cambiará- xa que o pobo non pode ter o seu propio goberno, un goberno que cancelaría o memorando, o contrato de préstamo e as súas consecuencias, un goberno que solucionaría os seus problemas, segundo a situación actual ten unha oportunidades nas súas mans. Esta oportunidade é para afortalar ao KKE, unir forzas co KKE na loita para derrocar medidas, reivindicar e mellorar a situación. Mañá, no mitin imos dicir moito máis ao respecto”.



Señora Papariga, van negarse a participar no goberno incluso despois das próximas eleccións, se  llo propón un dos partidos con escanos suficientes?



“Respondimos moitas veces a esta pregunta. Pero xa que me deron a oportunidade voulles dicir unha cousa: os mandatos exploratorios na nosa opinión, aínda que fosen un espectáculo, demostraron a súa irresponsabilidade cara ó pobo grego. Un partido plantexou cinco puntos, outro partido nove puntos, un terceiro partido dúas liñas vermellas, un cuarto catro liñas vermellas. Escoiten: cando se forma un goberno, xa sexa por un ano, xa sexa por catro anos, terá que abordar tódolos asuntos. Incluso o goberno do señor Papademos tratara asuntos de emerxencia. Agora, por exemplo, van ir ao Cumio da OTAN. Así que, nin co pretexto de “formar un goberno de coalición”, estas cousas se poden ocultar. Non é posible, sobre todo para os partidos que pretenden formar un goberno, plantexar cinco, seis ou sete puntos como un programa mínimo. Que signifca un programa minimo? Cando gobernen van tratar tódolos asuntos, ó máximo. Voulle dar un exemplo: Non din nada con respecto ao cumio da OTAN. Un plantexa soamente a cuestión do nome da Antiga República Iugoslava de Macedonia. Porén, o cumio da OTAN ocuparase ademais das operacións militares desta alianza imperialista sucia. Polo tanto, como poden centrarse soamente na cuestión de ARYM no Cumio da OTAN?

Están enganando ao pobo grego plantexando obxectivos determinados con temas escollidos para que o pobo os escoite con simpatía e esperanza. Se nós propuxeramos a participación e cooperación gubernamental, plantexariamos tódolos asuntos. Por suposto, cando un propón unha cooperación, hai que facer concesións mutuas; porén hai que plantexar tódolos asuntos, os que se enfrentarán no primeiro, segundo, terceiro ou cuarto ano.

A forma en que se utilizaron os mandatos exploratorios foi un espectáculo montado para enganar ao pobo. Cabe lembrar que nós dixemos que se fósemos o terceiro partido non iamos tomar o mandato exploratorio, deixámolo claro. Por suposto iamos recibilo e entregalo. Por que? Porque ao participar no proceso dos mandatos exploratorios, hai que facer unha proposta de cooperación. Iriamos facer a nosa proposta de cooperación, formariamos unha proposta, os demais rexeitaríana e logo nós diríamos que “é a súa culpa porque non se puxeron de acordo con nós?”

O pobo grego debe entender que isto é un engano e unha farsa”.

Refírese ao señor Tsipras?

“A todos eles”