MOBILIZACIÓN NA CORUÑA CONTRA A REFORMA LABORAL

 CUT    
Este venres 24 de Febreiro a partir das 19:30 a CUT convoca xunto á CGT unha mobilización na cidade da Coruña en protesta ante a aprobación da Reforma laboral polo Goberno do PP.

A mobilización, que sairá da Praza de Portugal, virá avanzar no proceso de resposta que o sindicalismo combativo galego desenvolve fronte a unha agresión histórica aos dereitos da clase traballadora. A aprobación desta Reforma laboral deixa un escenario de relacións profundamente desequilibradas entre empresariado e persoas traballadoras, ante o cal as actitudes diplomáticas, prudentes ou apoucadas, son altamente irresponsables. Botar abaixo esta Reforma esixe de todos e todas unidade e firmeza nos principios. De non contestarmos con contundencia agora, poden retornar a pasos axigantados infames desigualdades sociais máis propias do século XIX.

Agardamos que a nosa manifestación deste venres sirva para incentivar a concienciación de todas as obreiras e obreiros, avanzando no camiño cara unha folga xeral exitosa que poña freo a actual ofensiva neoliberal.