Concentracións e manifestacións en todas as cidades, este xoves, día 23 de febreiro, contra os recortes no sector público

Convocan CIG, UGT, CCOO, CSI-F, FEP-USO, SATSE, SAE, CGT e STAJ

21/02/2012

O persoal do sector público vén manifestando o seu máis rotundo rexeitamento aos recortes que o PP pretende impor a través da Lei de Medidas no Emprego Público. Os empregados e empregadas deste sector entenden que estas medidas supoñen un grave retroceso nos seus dereitos laborais e sociais, cuestionan a súa imaxe e a súa dignidade, desvalorizan á propia administración pública e provocarán unha mingua na calidade dos servizos. Por iso convocaron, para este xoves, concentracións e manifestacións en todas as cidades, ás 19:00 horas, ás que chaman a participar a todas as galegas e galegos en defensa do Sector Público.