Abaixo o goberno e a plutocracia, retirada da UE co poder popular

10/2/2012
 KKE

Cunha convocatoria de folga militante en Atenas e en ducias de cidades en todo o país, homes e mulleres traballadoras, os sectores populares pobres respostaron ao chamamento da PAME e participaron desde o primeiro día na folga xeral de 48 horas (10-11 de febreiro de 2012).
As forzas do PAME, de modo decisivo, ocuparon o Ministerio de Traballo e colgaron unha pancarta enorme na que estaba escrito: “Non ao masacre do pobo-Abaixo o goberno-Fóra a Troika-Retirada da UE”. Esta ocupación destacou que o goberno-Troika-plutocracia teñen un plan para eliminar todos os dereitos laborais, promovendo neste período bárbaras medidas antiobreiras, co pretexto do novo préstamo que o goberno grego aspira recibir. Entre outras, as novas medidas prevén:

- Novas reducións nos salarios mínimos do 22% para todos os traballadores e traballadoras, e 32% para os que están agora contratados no sector privado, e isto en condicións en que as perdas dos traballadores desde 2009 superan o 45%. Abolición dos convenios colectivos sectoriais.

- Novos recortes drásticos nas pensións básicas e complementarias.

Despedimentos masivos de miles de empregados no sector público e nas antigas empresas estatais, envorco das relacións laborais, novas reducións nos salarios no sector público.
- Novos recortes drásticos nos servizos sociais, no sector da Saúde e dos medicamentos que ata pon en perigo a vidas humanas.

- Nova imposición de impostos aos amplos sectores populares a fin de soster a exención de impostos do gran capital.

Fronte a esta tormenta de medidas, as forzas de clase desde o amencer formaron piquetes fóra de numerosas fábricas e outros centros de traballo.

O PAME, o MAIS, a PASEVE, a PASY e a OGE ocuparon edificios públicos e de organizacións estatais en varias cidades de Grecia.

Aleka Papariga, Secretaria Xeral do KKE, participou na manifestación da PAME en Atenas, e fixo estas declaracións aos medios de comunicación: “Incluso se os traballadores dan a súa propia vida para pagar a débeda, a quebra salvaxe non será evitada. En consecuencia, só hai unha solución: Retirada da UE e cancelación unilateral da débeda. Esta é a solución. Calquera outra cousa será unha traxedia para os traballadores”

O orador principal na folga en Atenas foi G.Sifonios, Presidente do Sindicato dos Obreiros da “Aceiría Grega”, que continúan a súa folga logo de 103 días. Sinalou a determinación dos traballadores na aceiría a respostar de xeito aínda máis dinámico, posto que se fai evidente a cada vez máis e máis traballadores que as medidas que tomou este empresario na Aceiría (Elliniki Halivourgia), hoxe en día se están xeralizando para todos os traballadores cos salarios de fame que promove o goberno e a Troika. O presidente do sindicato, que está levando a cabo a folga máis longa dos últimos anos, deu as grazas á PAME e ás demais forzas, que tanto desde Grecia como do estranxeiro, están apoiando a súa loita. Cabe mencionar que a PAME iniciou unha campaña de recadación de fondos para o apoio financeiro da loita dos folgistas.

Logo da concentración houbo unha marcha multitudinaria con dirección ao Ministerio de Traballo, que tiña sido ocupado. Os maifestantes esixiron:

- Eleccións xa!
- Cancelación unilateral da débeda, separación da UE!

Non lles debemos nada! Non pagamos nada! A débeda non é nosa! Que a paguen os que a crearon: a plutocracia! Esas foron as verdades proclamadas polos manifestantes en contra das mentiras do goberno da Fronte Negra (centro-esquerda, centro-dereita e nacionalistas) e as calumnias que lanzaron varios medios de comunicación estranxeiros que presentan aos traballadores gregos coma uns preguiceiros.

Para o segunda xornada de folga de 48 horas programáronse 52 concentracións en barrios obreiros e populares en toda a rexión de Ática, así como mobilizacións multiformes en todo o país. Alén, está programada outra manifestación para o día da votación das medidas bárbaras no parlamento.

O grupo parlamentario do KKE destaca no seu comunicado que “contribuirá con todas as súas forzas para que o pobo se erga, e as fábricas, as empresas, os barrios populares se convertan en fortalezas de loita. O grupo parlamentario do KKE desprega as súas forzas para impedir as asasinas medidas antipopulares. Esixirá que se realice unha votación nominal sobre o novo memorándum que o goberno da Fronte Negra quere aprobar mediante procedementos de emerxencia, como un ladrón na noite. Cada membro do parlamento ten responsabilidade persoal. Ningún membro do parlamento está escusado, en nome da disciplina, a votar polo masacre dos dereitos do pobo”, sinala o comunicado do grupo parlamentario do KKE.

Cabe mencionar que os mecanismos de provocación emprenderon a súa coñecida misión de entrar nun conflito sen sentido a tirar pedras contra os policías antidisturbios. Unha vez máis, estes incidentes no escenario da praza Sintagma tiñan como obxectivo dar a oportunidade aos medios de ocultar a mensaxe clara dos miles de obreiros que se manifestaron esixindo a caída do goberno da Fronte Negra e a saída da Troika, a fin de achandar o camiño para o poder popular e a retirada do país da UE imperialista.