A limpeza da USC faille frente aos recortes no servizo

http://www.cutgalicia.org/

alt
Na tarde de onte, traballadores e traballadoras do servizo de limpeza da USC, concentráronse diante das portas da Reitoría durante a celebración do Consello de Goberno.
Durante o transcurso desta mobilización, as e os asistentes apouparon ao actual reitor da Universidade compostelá Juan Casares Long, responsábel dunha equi
pa reitoral que está a despregar unha política de xestión neoliberal e radicalmente clasista, en absoluto illamento no medio das protestas e mobilizacións dos sectores máis activos da comunidade universitaria.

Esta concentración das traballadoras e traballadores da limpeza, que están a desenvolver un programa de loita aprobado con unanimidade e toda a forza do colectivo na última asemblea xeral celebrada, non é máis do que o comezo dun amplo programa de acción sindical que se concretará ao longo desta semana e no que se prevén xornadas de folga.

A oposición a un tesoirazo dun millón de euros na contrata (un 15% do seu valor) frente ao descenso dun 3% no presuposto xeral da Universidade, supón unha agresión de entidade ao conxunto do cadro de persoal, profundamente feminizado, que CLECE SA, empresa responsábel do servizo, prevé concretar nun ERE de xornada.

A representación da CUT neste centro de traballo critica “as negociacións que Clece e a equipa reitoral desenvolveron no cuarto escuro para concretar o recorte” e advirte da necedade dunha equipa de goberno que segue a preferir “acoitelar os dereitos do colectivo no canto de desenvolver un estudo serio do que suporía a recuperación para a entidade pública do servizo”, nun contexto no que a empresa concesionaria se está aínda a lucrar deste tesoirazo.

Intervención policial.

Durante o desenvolvemento da mobilización, a presenza de axentes da Policia Nacional de paisano, que botaron man da agresividade contra as e os manifestantes, xerou momentos de tensión durante os que segundo testemuñas presenciais, se botou man de armas non regulamentarias.

A CUT pon en cuestión, máis unha vez, a quen serve a autoridade policial, nunha entidade pública onde recentemente, o reitor Casares Long resultou imputado nun proceso xudicial de malversación de fondos públicos, e denuncia a falta moralidade dunha equipa reitoral que se serve de axentes para disolver as mobilizacións lexítimas dos traballadores e traballadoras do servizo da limpeza.

Prensa