FSM CHAMAMENTO URXENTE

ATENAS, GRECIA 6 XANEIRO 2011

A FSM fai un chamamento a expresar a solidariedade coa loita dos traballadores do Aceiro grego da Industria do Aceiro "Helleniki Halivourgia"

A Federación Sindical Mundial (FSM) fai un chamamento a todas as organizacións sindicais no mundo a expresar a súa solidariedade coa militante, firme e dura loita dos 400 traballadores da Industria do Aceiro “Helleniki Halivourgia”, que levan en folga 70 días ininterrumpidos malia as chantaxes e os despedimentos da patronal capitalista.

A loita destes traballadores gregos do Aceiro non é só unha loita polos seus propios dereitos laborais e polo ben das súas propias familias; a súa loita non é apenas polo beneficio dos 750 traballadores que traballan para a mesma empresa noutras industrias; é unha loita no nome de toda a clase obreira grega contra do novo bárbaro ataque antiobreiro que inicióu esta empresa no nome de toda a clase burguesa e pretende que os traballadores acepten un traballo de 5 horas por 500 euros ao mes, un salario de fame para un traballador grego.

Os 400 traballadores do aceiro veñen levando adiante unha loita unánime que deu comezo o 31 de outubro cando a patronal esixíu con 18 despedimentos que os traballadores aceptasen o novo regulamento de pagos e horas de traballo ou ben un total de 180 traballadores serían despedidos.

Desde o primeiro minuto de comezar este ataque, a PAME, Frente Militante de todos os Traballadores, estivo á beira dos traballadores da aceiría e organizóu unha expresión moi ampla e sen precedentes da solidariedade moral e práctica por parte das organizacións sindicais, campesiñas, das mulleres, da mocidade e os estudantes, o pobo traballador e outras capas populares, con folgas solidarias, manifestacións e outras iniciativas.

A Federación Sindical Mundial esixe a fin deste brutal ataque antiobreiro e a imediata satisfacción dos dereitos dos traballadores siderúrxicos:
-Readmisión dos 50 traballadores despedidos até hoxe
-Xornada de 8 horas por día
-Non ao traballo a tempo parcial
-Non á flexeguridade
-Parar todo intento de reducir os salarios

Chamamos a todas as organizacións sindicais do mundo a organizar mobilizacións diante das Embaixadas e Consulados gregos en solidariedade coa loita dos traballadores de “Helleniki Halivourgia”.

As mensaxes de solidariedade e protesta poden dirixirse ao seguintes enderezos electrónicos:


Greek Ministry of Labor: info@ypakp.gr 

O SECRETARIADO

40, ZAN MOREAS STREET, ATHENS 11745 GREECE

engadimos o enderezo físico da Embaixada Grega en Madrid para facer chegar copias das vosas adesións solidarias, colectivas ou individuais,  a esta loita da clase obreira grega:
Embixada de Grecia en Madrid
Enderezo:  Avda. Doctor Arce, 24
Teléfono/s:
+34 91 564 46 53
Fax: +34 91 564 46 68
 E-mail: embajadadegrecia@telefonica.net


Tamén podedes dirixir as vosas adesións a comunistasdagaliza@gmail.com