Dous sindicalistas péchanse no alto da Torre de Hércules para rexeitar o peche do faro e o despedimento de 13 traballadores/as

Demandan do Concello que garanta a subrogación do persoal e achegue información veraz sobre o tempo que o edificio permanecerá cerrado
Un sindicalista da CIG e outro da UGT permanecen pechados dende ás 10 da mañá deste mércores no alto da Torre de Hércules en rexeitamento á decisión do Concello de pechar o faro temporalmente e despedir aos/ás 13 empregados que até agora se viñan ocupando das tarefas de limpeza, mantemento e atención ao público, sen garantirlle que serán subrogados unha vez se adxudique a nova contrata.