A CIG convoca concentracións solidarias coincidindo cos xuízos contra dous compañeiros da federación de Servizos

Os actos de apoio terán lugar o vindeiro mércores 18 de xaneiro na Coruña e Pontevedra
 
 A CIG convoca concentracións solidarias coincidindo cos xuízos contra dous compañeiros da federación de Servizos. Os actos de apoio terán lugar o vindeiro mércores 18 de xaneiro diante dos xulgados da Coruña e Pontevedra unha hora antes do inicio das sesións, fixadas para as 11.00 e 12.00 horas respectivamente. A central nacionalista vén de poñer en marcha unha campaña baixo o lema “Defendérmonos como clase é un dereito, non un delito” coa que se pretende denunciar a represión policial e xudicial que sofren moitos e moitas militantes pola súa actividade sindical.