¡Abaixo o goberno, fóra a Troika! Mobilización do PAME no hotel onde se hospeda a Troika en Atenas


Na madrugada do 25 de xaneiro, a Fronte Militante de Todos os Traballadores (PAME) levou a cabo unha manifestación dinámica fronte ó hotel onde se hospeda a delegación da Troika en Atenas e chamou aos obreiros a erguerse contra o goberno, a plutocracia e os seus aliados. Os manifestantes do PAME bloquearon a entrada principal do hotel e gritaban consignas polos altofalantes declarando a oposición dos obreiros e do pobo á política que lles leva á quebra e á indixencia.

Este acto simbólico levouse a cabo mentres se desenvolvía a farsa do "diálogo social" entre as unións patronais  e os líderes pactistas dos sindicatos que se realizou a petición da Troika e do goberno de coalición (de socialdemócratas, dereitistas e nacionalistas). O movemento sindical de clase denunciou xa que o único obxectivo de este "diálogo" é o maior deterioración das relacións laborais por medio da eliminación dos convenios colectivos sectoriais así como a redución dos ingresos dos obreiros no nome da chamada "competitividade" da economía.

Nun acto simbólico, os manifestantes baixaron a bandeira da UE da hasta diante do hotel e queimárona. A mobilización foi ben acollida polos transeúntes. Logo chegaron as forzas policiais a petición da Troika que pediu a intervención dun axente fiscal para poder saír do hotel. Sen embargo, o intento de intimidación non tivo éxito.


Escalada da loita con folga xeral
 
O Secretariado do PAME no seu comunicado sobre a reunión dos chamados "interlocutores sociais" sinala: "A maioría da GSEE (federación dos traballadores no sector privado), que participa hoxe no diálogo xunto cos seus socios -SEV (Federación de Empresas Helénicas), GSEVEE, ESEE (unións de grandes comerciantes)- ten responsabilidades criminais. Os traballadores deben dicir NON ao diálogo-farsa. Non deben confiar no liderado de GSEE que está a piques de acordar en todo coa SEV no nome da competitividade (...) O que din sobre as "liñas vermellas" é un gran engano xa que estaban dicindo o mesmo en diálogos anteriores e ao mesmo tempo estaban cavando a tumba dos traballadores. (....) Todos xuntos co PAME a unha folga xeral a principios de febreiro, para escalar a loita contra o roubo dos nosos ingresos".