Mensaxe do Comité Internacional pola Liberdade dos Cinco


Agradecementos especiais aos amigos solidarios, novos proxectos co concurso internacional e brinde pola dignidade e enteireza dos nosos Heroes.


Queridos Compañeiros,

Este foi un ano de arduo traballo, onde a solidariedade internacional seguiu crecendo ao redor da causa dos Cinco.

A todos emocionounos ver a René xunto ás súas fillas ao recuperar a súa liberdade, pero non podemos negar a nosa indignación ó saber que o día en que cumpriu a súa condena non puido recibir a aperta da súa esposa Olga nin a do seu pobo. Máis aínda, constatar que tal liberdade supervisada non é máis que unha nova prisión domiciliaria, outra forma de castigo e crueldade que chega ao extremo de impedirlle a visita da súa esposa e a comunicación cos seus catro irmáns de causa, e onde o someten á posibilidade de que os terroristas, que gozan de absoluta impunidade, atenten contra a súa vida.

Outro ano máis no que Gerardo non puido recibir a visita de Adriana, algo tan elemental como o dereito dun prisioneiro a recibir a visita da súa esposa e no que Ramón, Antonio e Fernando seguen esperando poder atoparse coas súas familias non nunha prisión senón en liberdade.
Aos amigos e comités que nos axudaron durante este ano que culmina a levar adiante distintos proxectos, o noso profundo agradecemento, en especial aos compañeiros de EEUU, Venezuela, España, Líbano, Austria, Suecia, Canadá, Quebec, e a todos os que participaron no Coloquio de Holguín.

Aos nenos e nenas da Colmenita que trouxeron a súa música e o seu amor xunto ao pedido de liberdade aos Cinco en EEUU, o noso amor e gratitude sempre.

Poder abrazar aos Cinco na súa Patria, é o que estraña desde hai máis de trece anos ó pobo heroico que os reclama e o que nos anima desde a solidariedade internacional a traballar con máis forza que nunca para que este ano 2012 o Presidente Obama teña o xesto humanitario de pór fin a esta colosal inxustiza.

Novos proxectos espérannos onde necesitaremos a axuda e concurso de todos.

Brindemos neste novo ano pola dignidade e resistencia dos nosos Cinco irmáns e as súas queridas familias. Brindemos porque moi pronto poidan regresar libres aos seus fogares e a súa patria.

Ata a Vitoria Sempre,

Comité Internacional pola Liberdade dos 5 Cubanos