Loita de Clases en Bélxica.

Importante éxito da Folga Xeral en contra da reforma das pensións.

Os principais sindicatos do país chamaron a unha folga xeral de todo o sector público en contra da reforma das pensións, que contou cun seguimento e unha participación maioritaria en toda Bélxica.

A fronte unida dos sindicatos foi capaz de mobilizar a 800.000 funcionarios, e o trasporte público foi paralizado por completo. Non funcionou ningún servizo público, paralizouse a recollida de lixo, e realizáronse cortes de estradas que mantiveron bloqueados os accesos a Bruxelas.