Diante da recente vaga represiva.


As forzas do capital acentúan o seu carácter represivo contra os movementos populares e asociativos, con operativos desproporcionados e campañas mediáticas que rozan o absurdo, chegando a considerar que o feito de ter un pen, un ordenador e unha garrafa de gasolina na casa é un feito consumado de pertenza a banda armada.

Calquera excusa é boa con tal de xustificar o carácter antidemocrático da súa actuación e a liña represiva das súas leis que condenan a uns mozos e mozas á privación dunha serie de dereitos básicos e fundamentais en nome de leis como a chamada "antiterrorista" e a "de partidos".

É máis que previsíbel que entre as primeiras tarefas da axenda do "novo" goberno figure o regulamento do dereito á folga e que se coarte o dereito de reunión, todo para tentar mermar a capacidade de resposta obreira e popular contra os plans da oligarquía e os monopolios.

Como comunistas, é o noso deber revolucionario manifestarmos, unha vez máis, a nosa repulsa fronte á represión exercida polos aparatos do réxime monárquico herdeiro do franquismo, e reafirmámonos na necesidade dun Bloque Obreiro e Popular polo Socialismo capaz de enfrontar ao bloque oligárquico e todas as súas políticas antiobreiras e represivas, que deben ser abolidas mediante a loita organizada da clase obreira e das restantes clases populares.


Liberdade para as persoas detidas!
Derrogación da lei de partidos e da lei antiterrorista!

Colectivo Marxista-Leninista FORXA!

6/12/11