A conxelación do SMI afectará ás rendas mínimas, ás pensións non contributivas e aos salarios dos traballadores/as en prácticas

GALIZA/CIG

A CIG denuncia que o PP aposta por empobrecer as rendas dos salarios e prestacións sociais, cando o prezo dos alimentos subiu 3 veces máis nos últimos 10 anos

O Goberno Español do Partido Popular tomou a primeira decisión en materia de rendas conxelando o SMI. A CIG considera que se trata dunha medida que vai empobrecer a millóns de persoas no Estado e  a máis de 450 mil persoas en Galiza que están afectadas por este indicador. O secretario confederal de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara, di que “non é inocente pois reincide na aposta de empobrecer as rendas dos salarios e prestacións sociais, ignorando a inflación e por tanto a capacidade adquisitiva dos salarios, xusto no momento no que se coñece que o precio dos alimentos subiu 3 veces máis que os salarios nos últimos 10 anos”.

O SMI actúa como indicador de referencia para o IPREM e este para as rendas mínimas, pensións non contributivas, desemprego e para os salarios dos sectores de actividades sen convenio colectivo e os traballadores e traballadoras suxeitas a contratos de formación e prácticas. Por tanto, di Alcántara, “falamos das rendas e ingresos dos sectores sociais mais precarios e desfavorecidos”.

O actual SMI de 641,40€/mes non acada nin o 70% do mínimo recollido na Carta Social Europea que fixa como referencia o 60% do salario medio no Estado Español. “O cumprimento desta recomendación suporía elevar o SMI a 941€ mensuais” explica o secretario confederal de Negociación Colectiva.

A CIG considera que o Partido Popular toma a decisión política de atacar aos mais débiles, no que seguramente será una primeira medida dos anunciados recortes que afectarán as prestacións e servicios sociais e públicos, así como as rendas do traballo. “A Clase traballadora parece a víctima propiciatoria da política neoliberal do PP”.

Contrariamente, denuncia Antolín Alcántara, non se insinua “ninguna política de control á fraude fiscal, que somentes nas grandes empresas do IBEX a través da súas filiais en paraísos fiscais, representou máis de 100 mil millóns de € no ano 2011, co que se poderían crear máis de 2 millóns de empregos”.

Tampouco se rebela ningunha medida que revalorice  a carga fiscal as rendas máis altas, xa que mentres un traballador no Estado ten a  mesma carga fiscal que un alemán cobrando un 40% menos, “os ricos pagan un 30% menos que en Alemania e un 40% menos que en Suecia”.

Para a CIG, reducir a capacidade adquisitiva das rendas dos salarios non reactiva a economía. “Isto estase demostrando demasiado evidente neste anos, pero o PP parece querer incidir mais nun reparto da riqueza mais desigual a favor dos mais ricos”.