Con só o 1% do Rescate Bancario Global remataríase coa Fame no Mundo

Tribuna Popular TP/ECONOMÍA/David Fernández.


Custa entre dous e cinco días de reunións decidir unha nova guerra en Líbia, pero está custando varias décadas asumir unha cifra que está fixada desde hai moito como obxectivo: 50.000 millóns de dólares. A cifra que o PNUD (Programa das Nacións para o Desenvolvemento) estableceu como necesaria para erradicar a fame no mundo.

50.000 millóns de dólares que tan só representan o 1,08% do que os estados investiron no rescate bancario desde 2007: 4,6 billóns de dólares. 92 veces máis do que fai falta para erradicar a fame no mundo.

Afeitos a falar sempre de extrema pobreza, a extrema riqueza tamén ten unha contabilidade máis que elocuente: o 0,9% da humanidade ostenta o 39% da riqueza mundial.

O 1,3% dos seus ingresos serviría per erradicar, novamente, a fame no mundo. Idéntica comparación merece o gasto militar mundial, situado en marcas históricas de 1,6 billóns de euros: Só o 4% sería suficiente para pór fin á fame no mundo.

Só durante o 2009, o número de persoas multimillonarias pasou de 793 a 1.011, mentres a súa fortuna total pasaba de 2,4 a 3,6 billóns de dólares.

De feito, segundo datos de 2004, a riqueza das tres fortunas individuais máis grandes do planeta equivalían ao PIB dos 48 estados máis pobres do mundo.

E é que o 1% da poboación mundial ten unha renda anual equiparable ao 57% da humanidade.

A desigualdade reprodúcese no abismo da fenda Norte-Sur, entre os países enriquecidos e empobrecidos polo capitalismo.

O 20% máis rico do planeta absorbe hoxe o 83% do PIB mundial.

O 20% máis pobre tan só ten o 1%.