Grecia en folga! Segundo día. Gran éxito das actividades da PAME.

Artigo extraído da web do KKE e traducido por Forxa!

Galería fotográfica do KKE

Unha gran mobilización que comezou onte coa folga xeral de 48 horas continúa hoxe por segundo día e as forzas con orientación de clase xogan o papel principal. 

Nos centros de traballo, nas empresas, na construción, nos portos, nas entidades de servizos públicos alzáronse as bandeiras de folga da Fronte Militante de Todos os Traballadores (PAME). Milleiros de traballadores responderon á convocatoria militante da PAME. ¡A folga tivo gran éxito! Xunto con eles estaban os pequenos e medianos empresarios e traballadores por conta propia, os campesiños pobres, os xubilados, os inmigrantes, os estudantes.

Unha batalla dura deuse fóra das portas das fábricas e nas ramplas dos barcos para a protección da folga e para facer que o capital senta a forza dos traballadores aí onde máis lle doe. Onte o capital deuse conta desta forza xa que centos de miles participaron na folga. Nas rúas e nas prazas, en dúcias de concentracións en todo o país, miles de manifestantes votaron unanimemente contra as medidas.


Os traballadores rexeitan o novo programa de medidas antipopulares, néganse a ser escravos da plutocracia. Cabe sinalar que estas novas medidas antipopulares reducen salarios e pensións, incrementan o imposto directo de 13% ao 23%, aumentan aínda máis a idade de xubilación, dan un golpe a seguridade social e á lista de traballos perigosos e insalubres, aumentan o tempo diario de traballo non remunerado, establecen salarios bastante baixos para os mozos, promóvese a abolición dos convenios colectivos, establecen convenios de traballo de duración determinada o cal significa despedimentos sen indemnización, reducen os beneficios "sociais" etc. Privatizan empresas estatais, a terra, as empresas de abastecemento de auga, os portos, os aeroportos etc., supostamente para traer diñeiro aos fondos do Estado e pagar as débedas. Con todo, isto faise principalmente porque queren entregar sectores da economía aos capitalistas a fin de investir o capital sobreacumulado.

Desde pola mañá, nas concentracións e á tarde nas dúcias de manifestacións que se realizaron, os traballadores e os sectores populares desafiaron ás intimidacións, e con combatividade seguen hoxe tamén a loita que será un legado para as novas loitas, para a escalada da loita. 

A maioría abafadora dos manifestantes que participaron nas concentracións no marco da folga que se realizaron en 65 cidades do país protestaron baixo as pancartas e as bandeiras da PAME, non cos chamados "indignados" ou cos dirixentes dos sindicatos amarelos de GSEE e ADEDY (confederacións sindicais dos traballadores no sector privado e público respectivamente).

O Secretariado Executivo da PAME saudou aos centos de miles de folguistas que deron a batalla da folga con determinación. Na tarde do primeiro día da folga no centro de Atenas, a PAME realizou unha mobilización multitudinaria que chegou ata o parlamento. As liñas de piquetes da manifestación impediron a pequenos grupos provocadores facer calquera acto provocativo co fin de dispersar a manifestación.

Aínda que centos de miles de folguistas, xunto ca PAME, deron dinámicamente á batalla da folga, que tivo gran éxito en todo o país, aínda que as rúas e as prazas inundáronse durante as concentracións, os medios de comunicación internacionais proxectaban como tema principal en Grecia a acción dos provocadores, dedicando uns só segundos á folga. Esta é a información supostamente obxectiva que proporcionan. Trátase dunha operación xigantesca de distorsión da realidade en Grecia que pretende encubrir a resistencia, a loita e as demandas de centos de miles de traballadores.

Nun comunicado a Oficina de Prensa do CC subliñou que: "Curiosamente", os días de folgas e de manifestacións varios grupos de encapuchados aparecen xunto coa policía antidisturbios. O pobo e a mocidade deben tomar en conta este elemento e chegar á conclusión de que basicamente o que lle dá medo ao sistema, aos mecanismos de represión e aos demais medios que están no seu servizo, é o movemento nas fábricas e as empresas, o movemento obreiro, que dá á xente a perspectiva. O movemento obreiro de clase, o movemento popular radical sabe como loitar e protexerse dos provocadores. A loita continúa sen cesar."

O Secretario Executivo ademais denunciou o acto montado por unhas cantas ducias de encapuchados coas forzas da policía antidisturbios, que ten como obxectivo difamar a loita dos traballadores, intimidar ao pobo traballador e á mocidade, impedir a súa participación nas concentracións da folga do día de mañá. A PAME instou aos traballadores a que non teñan medo, a que respondan á provocación destes mecanismos de modo organizado coa participación masiva nas manifestacións. 

Aleka Papariga, nunha entrevista o 28 de xuño na canle Mega TV, dixo que as accións dunhas poucas ducias de provocadores "serven tamén ao Goberno", e agregou que "hai moitos núcleos dentro e fóra do Goberno ou outros creados por mecanismos relativos, que utilizan ou crean estes incidentes".
Falando sobre a posibilidade da quebra en Grecia, no caso de que non se adopten as medidas antipopulares do Goberno no parlamento, a Secretaria Xeral do CC dixo que: "A quebra é un feito. O que ocorre agora é que van acordar os termos ou como se vai a distribuír a perda entre os acredores". Aleka Papariga chamou ao pobo a loitar pola retirada do país da UE e ao mesmo tempo levar a cabo cambios radicais na sociedade e a economía.

2º día de folga

No segundo día da folga as forzas sindicalistas con orientación de clase, a PAME, en coordinación con PASEVE (Fronte Antimonopolista Grego de Autónomos e Pequenos Comerciantes), PASY (Fronte Militante de todos os Campesiños), MAIS (Fronte Militante de Estudantes), OGE (Federación Grega de Mulleres) celebraron concentracións masivas no marco da folga en 65 grandes cidades de Grecia.

En Atenas, a concentración tivo lugar na praza Omonia e contou coa presenza dunha delegación do CC encabezada pola Secretaria Xeral, Aleka Papariga. Logo, seguiu unha manifestación nas rúas da cidade que terminou á praza Omonia, onde os manifestantes permaneceron ata que terminou a votación do novo paquete de medidas antipopulares, que se aprobou esta tarde pola maioría parlamentaria do PASOK, con 155 votos. O grupo parlamentario do KKE no seu conxunto votou en contra das medidas antipopulares e logo dirixiuse á concentración do PAME onde Aleka Papariga estendeu un saúdo subliñando a necesidade de continuar a loita polo derrocamento das decisións antipopulares do Goberno, do capital e da UE.