Concentración na Coruña en contra das medidas represivas contra dous traballadores e sindicalistas da CIG

Hoxe ás once da maña, convocada pola CIG, realizouse unha concentración en solidariedade cos dous traballadores e delegados da CIG, Adolfo Naya e Marcos Cádoniga, diante da Delegación do Goberno na Coruña como protesta polas abusivas medidas represivas que o Estado lles quere impor a estes dous sindicalistas por participar nas folgas dos deportes da Coruña e de comercio e alimentación da Coruña e Pontevedra, respectivamente, durante o pasado ano 2010. As peticións son de 3800 euros e 4 anos de prisión para Adolfo e de 6000 euros e 10 meses de prisión para Marcos.

Desde Forxa! queremos amosar toda a nosa solidariedade con estes dous  traballadores.

Imaxes de Forxa!