1ª xornada da folga xeral de 48 horas en Grecia

Esta folga, a cuarta no que vai de ano, marcou claramente o rexeitamento dos traballadores e traballadoras gregas ás novas medidas de austeridade propostas polo goberno; recortes de casi 30.000 millóns de euros e privatizacións por valor doutros 50.000 millóns de euros. Medidas de aforro baseados na subida de impostos e amortización de postos de empregados públicos(sobre 150.000 funcionarios). E tamén deron continuidade ás folgas anteriores contra o capital e en defensa da clase obreira.

Esta primeira xornada pódese cualificar de éxito xa que se paralizaron practicamente todos os servizos públicos, bancos, escolas, centros de saúde, etc... A primeira hora da maña, máis de 4000 achegados e membros da PAME concentrábanse na Praza Sintagma. Posteriormente, houbo unha serie de manifestacións que foron secundadas por un gran número de traballadores e traballadoras. Salientar tamén os moitos altercados producidos ao longo de Grecia entre os manifestantes e a policía.