Rematan as mobilizacións do persoal de Navantia Ferrol e Fene

Remataron as mobilizacións do persoal de Navantia Ferrol e Fene nas que durante o último mes viñan realizando para solicitar carga de traballo para os estaleiros da comarca de Ferrol. Hoxe e en manifestación, máis de 5000 traballadores e traballadoras percorreron as rúas de Ferrol convocados polo Comité de Empresa dando remate á mesma na praza do Concello de Ferrol onde se celebrou unha asemblea informativa. Durante o día, ademais, realizaron un peche no estaleiro para lle amosaren á Dirección de Navantia a súa aposta firme polo futuro do estaleiro. Previsibelmente, nos vindeiros días, convocaranse novas mobilizacións.

Imaxes de Forxa!