Solidariedade con Manuel Pérez Martínez, "Camarada Arenas"

O Colectivo Marxista-Leninista Forxa! manifesta a súa total solidariedade con Manuel Pérez Martínez, “Camarada Arenas”, Secretario Xeral do PCE(r), quen onte, 1 de abril de 2011, encetou unha valente folga de fame indefinida.

Desde que foi dispersado ao cárcere de Castelló II, a situación deste comunista non parou de empeorar. A conculcación dos máis mínimos dereitos, como o simple acceso a material de escritura e lectura, e o continuo trato vexatorio e humillante ao que é sometido tanto el como as persoas que o visitan, obrigaron a Manuel a tomar esta drástica decisión.

Manifestamos o noso apoio a Manuel e aos seus familiares nestes momentos tan duros e avogamos pola posta en liberdade de Manuel e de todas as presas e presos revolucionarios.

Denunciamos as políticas de exterminio que a clase burguesa está levando contra as e os combatentes encarcerados.

Liberdade Camarada Arenas!
Amnistía Presas e Presos Políticos!
Viva a Loita da Clase Obreira!


Colectivo Marxista-Leninista Forxa!
2 de abril de 2011