Solidariedade con Iussa e Telmo

Desde o colectivo marxista-leninista Forxa!! queremos expresar a nosa máis sinceira solidariedade cos dous obreiros do Metal, Iussa e Telmo, detidos en Vigo na véspera do día da Clase Obreira Galega.

Por moito que intoxiquen as empresas de propaganda burguesa, temos claro que a detención destes dous militantes sindicais enmárcase dentro da brutal ofensiva capitalista contra as clases traballadoras, co obxectivo de amedrentar a todas e todos os que sabemos que hoxe a mobilización e a loita de clase son imprescindíbeis para fazer fronte ás medidas antiobreiras que nos están a impor.

O mesmo fixeron co compañeiro Miguel Nicolás, tamén militante sindical, inxustamente detido o pasado 15 de Decembro.

Facemos un chamado a todos os traballadores e traballadoras a participar nos actos que se convoquen en apoio a estes compañeiros.


Solidariedade cos loitadores do proletariado!

Iussa, Telmo e Miguel Nicolás, Liberdade!

ADIANTE A REBELIÓN DA CLASE OBREIRA!!