Continúa a medrar o desemprego

Os datos do Ministerio de Traballo e Inmigración sinalan que o número de persoas desempregadas en Galiza é de 248.279, un 1% máis que o mes anterior.

No conxunto do Estado, a cifra chega aos 4.300.000, a cifra máis alta desde hai 15 anos.

Estes datos veñen demostrar que as reformas laborais pactadas entre Goberno, patronal e as cúpulas dos sindicatos entreguistas, tan só conseguen incrementar os beneficios dos capitalistas e minar aínda máis as condicións laborais das clases traballadoras.