O ano 2010 saldouse con máis de 200.000 desempregados/as e unha insostíbel caída da ocupación do 4,4%

CIG. Os últimos datos da Enquisa de Poboación Activa, referentes ao ano 2010, demostran un incremento imparábel e insostíbel do número de desempregados/as no noso País, rexistrándose un 20,7% máis de parados/as de media que no ano 2009.