Concentración de delegados/as de diversas OO.SS. diante da EGAP para protestar contra a amortizacion de 51 postos de traballo no CEE Terra de Ferrol

Un grupo importante de delegados e delegadas das organizacións sindicais CCOO, UGT e CIG concentráronse diante da EGAP en Santiago para protestar contra a decisión da Xunta do Partido Popular de amortizar 51 postos de traballo no CEE Terra de Ferrol, o que constitúe o maior despedimento coletivo realizado polo goberno da Xunta de Galiza na era Feijoo. A protesta fíxose coincidir coa reunión da Comisión de Persoal onde se trataba este tema e outros, como a reestruturación e reordenación do cadro de persoal do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, o que conformará probablemnte unha nova perda de postos de traballo na Administración Pública.





Imaxes de Forxa!