Centos de delegados/as da CIG mobilízanse en Vigo, A Coruña e Ferrol en defensa das pensións públicas

CIG.- Centos de delegados e delegadas da CIG saíron hoxe á rúa en Vigo, A Coruña e Ferrol no marco da campaña que a central está a desenvolver en todas as comarcas do país en defensa do emprego e contra a reforma do sistema público de pensións. As mobilizacións tiveron lugar despois das asembleas organizadas para valorar a folga xeral do pasado 27 de xaneiro, analizar o pacto social entre Goberno e sindicatos españois e abordar a convocatoria de novas mobilizacións, entre as que non se descarta unha manifestación en Madrid en abril, coincidindo coa tramitación parlamentaria da reforma das pensións.



Imaxes de Ferrol. Arquivo de imaxes de Forxa!