Xa hai 273.313 persoas desempregadas en Galiza

No ano 2010, 50.474 persoas máis pasaron a formar no exército de reserva do capitalismo no noso país. O medre neste último mes de decembro chegou até o 2.41 % máis que en novembro. A construción foi o sector máis castigado.

No conxunto do Estado, o número de persoas en paro continúa por riba dos catro millóns.

Lembremos a brincadeira do artigo 35º da súa Constitución:

Artigo 35
1. Tódolos españois teñen o deber de traballar e o dereito ó traballo, á libre elección de
profesión ou oficio, á promoción a través do traballo e a unha remuneración suficiente
para satisfaceren as súas necesidades e as da súa familia, sen que en ningún caso se
poida facer discriminación por razón de sexo.