Máxima solidariedade co Miguel

Máximo apoio e solidariedade ao compañeiro Miguel Nicolás Aparicio, inxustamente preso desde o 18 do mes pasado. Queren facer do Miguel un exemplo represivo para aqueles que loitan.

Nós, comunistas, condenamos a violencia real que padece a maioría da poboación. A violencia cotiá, diaria e múltiple con que esta ditadura burguesa bate nas clases traballadoras. Contra esta violencia e rapina que provoca millóns de esfameados en todo o mundo. Contra esta violencia dunha minoría que se apropia do que a maioría produce. Contra esta violencia duns parasitos que descansan os seus pés no lombo da clase obreira. Contra esa violencia, a nosa máxima condena.