Concentración en apoio aos dous sindicalistas detidos en Ferrol durante a xornada de folga do pasado 29S

O vindeiro día 21 de xaneiro, ás 9:30 horas e ás portas do Xulgado de Ferrol, haberá unha concentración en apoio e en solidariedade cos dous traballadores e sindicalistas da CIG detidos durante a xornada de folga do pasado 29 de setembro e acusados de "Desordes Públicos". Apoio e solidariedade total con Francisco e Sergio.