CIG Mocidade, 20 de xaneiro, xornada nacional de loita

MANIFESTATE COA CIG O XOVES 20 DE XANEIRO. PRECISAMOS EMPREGO, PARA TERMOS FUTURO!

Participa na xornada nacional de loita da cig-mocidade baixo o lema: Precisamos emprego, para termos futuro,  que vai ter lugar o xoves 20 de xaneiro diante das delegacións do goberno, edificios da xunta e inem en todo o país! Participa nas mobilizacións que a CIG ten convocadas en defensa do emprego, como resposta á reforma das pensións e que culminarán coa folga xeral o día 27 de xaneiro! Desde a CIG, reclamamos o dereito da mocidade galega a un posto de traballo digno, rexeitamos a reforma do sistema de pensións que nos impón o Goberno español, porque alongar a idade de xubilación dificulta aínda máis a incorporación da mocidade ao mundo laboral e ao mesmo tempo que poidamos acceder a pensións dignas. Por iso, máis que nunca, a mocidade galega non pode ficar calada, temos que saír á rúa e reclamar que PRECISAMOS EMPREGO, PARA TERMOS FUTURO!

Lugares de celebración da Xornada Nacional de Loita da CIG-MOCIDADE do 20 de Xaneiro

Comarca de A Coruña: ás 20:00 horas diante da Delegación do goberno en A Coruña (Praza de Ourense, 11).
Comarca de Ferrol: ás 20:00 horas diante do edificio da Xunta de Galiza en Ferrol (Praza Amada García s/n).
Comarca de Ourense: ás 19:30 horas diante do do edificio da Xunta de Galiza en Ourense ( Avda. da Habana, 79).
Comarca de Pontevedra: ás 20:00 horas diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra (Praza de España s/n).
Comarca de Compostela: ás 11:00 horas diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en Santiago (San Caetano s/n).
Comarca de Lugo-A Mariña: ás 11:00 horas diante da oficina do servizo público de emprego en Lugo (Rúa Río Cabe, 8-10)